Altas Alerta Escolar (12-16/09)

Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos, que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:

  • Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos normalmente alimentarios.
  • Crises comiciais (epilepsia nas súas diferentes formas).
  • Crises diabéticas (en xeral, hipoglucemias).
  • Outras doenzas que impliquen un cormpomiso vital.

Pretende a coordinación entre o profesorado (facendo que sexa capaz de recoñecer a emerxencia médica provocada por un cadro agudo das patoloxías descritas, e de prestar unha primeira atención mentres chegan os recursos adecuados), e a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Procedemento

  • Enviarase unha circular a través do alumnado o primeiro día de clase.
  • Prazo 12-16 Setembro.
  • Aquel alumnado xa dado de alta no centro non fai falla que cubra a solicitude.
  • A solicitude debe vir vencellada cun informe médico que suscriba a doenza.