Blogues

Charla da Policia Nacional para as familias sobre "Usos seguros da rede en menores" (25/10 17h)

 

Lembrar ás familias do CEIP de Laredo que o martes 25 de outubro ás 17:00 horas, están convidadas a asistir na biblioteca do centro a unha charla informativa promovida polo Corpo Nacional de Policía e a Consellería de Educación sobre "CIBERSEGURIDADE: Usos seguros da rede para familias e menores"

Contos de medo do COLEXIO LAREDO Tomo III. Participa!

Estimadas familias; Achégase a época do Samaín e este curso imos celebralo botando man das vosas imaxinacións. Queremos facer unha exposición de CONTOS DE MEDO AMBIENTADOS NA ANTIGÜIDADE inventados por vós.

ANPA: Festa Samaín 28/10

Para disfrutar a tope dun día diferente, dende a ANPA PENEDOS queremos animarvos a que participedes na Festa do Samain – 2016 o próximo 28 de Outubro de 17:00 a 20:00 h.

Pasaredes unha xornada máis que divertida con xogos, bailes, merenda e moitas mais sorpresas…

ANPA: Comezo da actividade extraescolar de IUDO (20/10)

Mañá xoves 20 comeza a actividade de IUDO gratuíta de 16-17h os rapaces deberán traer roupa cómoda e facilitaralles unha folla de rexistro para federarse gratuitamente.

Prégase asistencia e puntualidade.

Ver relación de alumnado que admitido na actividade (en caso de baixa comunicar ao ANPA)

Saída Concerto Didáctico Multiusos Chapela (4º+5º+6º) // 20/10

Mañá, xoves 20 de outubro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria asistirá no Multiusos Piñeiral do Crego a un concerto didáctico ofrecido pola Banda de Música de Chapela.

A saída do centro farase arredor das 11:00 horas.

ANPA: Comezo da actividade extraescolar de TAEKWONDO (19/10)

Comezo da actividade escolar de taekwondo mañá mércores 19/10.

 

Proxectos Actuais do Centro 2016-2017

Ver relación de proxectos educativos anuais para o curso escolar 2016-2017.

Divididos por áreas transversais:

  • Área Social
  • Área Saúde
  • Área M. Ambiente
  • Área Prevención
Distribuir contido