Contos de medo do COLEXIO LAREDO Tomo III. Participa!

Estimadas familias; Achégase a época do Samaín e este curso imos celebralo botando man das vosas imaxinacións. Queremos facer unha exposición de CONTOS DE MEDO AMBIENTADOS NA ANTIGÜIDADE inventados por vós.

Para isto, o alumnado do centro xa recibiu unha plantilla na que terá que escribir e ilustrar un conto terrorífico, preferiblemente ambientado nunha pirámide, nunha tumba, nun bosque, nunha excavación arqueolóxica, nun templo da antigüidade,…con momias, fantasmas, druidas, feroces guerreiros, caprichosos deuses e deusas,…

O conto non poderá exceder unha carilla e entregaráselle ao titor o 24 de outubro. Posteriormente estes contos exporanse e encuadernaranse para formar o libro “Contos de medo do colexio de Laredo, TOMO III”, que pasará a formar parte da nosa Biblioteca para disfrute de todos.

O conto deberá ser en Lingua Galega.

Moitas grazas pola vosa colaboración!