Charla teórica e ruta-paseo sobre vexetación alóctona

Dentro dos proxectos relacionados co medio ambiente no centro e dado o crecente aumento de especies invasoras na nosa contorna, dende Departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela, decidiuse levar a cabo unhas charlas, onde se dará a coñecer a problemática destas especies nos nosos ecosistemas, así como saber recoñecelas e as medidas de control para que non rematen colonizando o espazo das especies autóctonas. As charlas constará de dúas quendas, unha teórica e outra práctica:

  • Día Mércores 19, as 20:00h, charla na Casa da Cultura dunha hora aproximadamente para dar a coñecer a importancia das especies invasoras e as súas consecuencias nos diferentes ecosistemas que colonizan, a súa identificación, maneiras de eliminalas, etc.
  • Día Sábado 22, as 10:30h, ruta-paseo dunhas 3 horas de duración e levarase a práctica todo o visto na charla teórica.
  • Día XX as 10:30h, charla informativa para 5º-6º no centro educativo, sobre flora da nosa contorna, compostaxe, reciclaxe e medio ambiente en xeral.