Preme na imaxe para acceder ás actividades complementarias Nas entradas de abaixo podedes ver algunhas das actividades dinamizadores realizadas durante este curso. |
|||||
|
Act. Complementarias 21 - 22
2022 - Excursión fin de curso 3º e 4º E.P. ao Roq Park
O pasado 17 de xuño os nenos e nenas de 3º e 4º fomos de excursión ao Parque de Aventura Roq Park , ubicado no Monte de San Roque de Viveiro. Fixemos un circuito entre as árbores que remataba nunhas tirolinas. Despois realizamos un xogo de orientación polo bosque. A verdade é que o fixemos bastante ben!!! Preme na imaxe para saber máis |
||||||
Obradoiro de Lingua de Signos
|
||||||||||||||
Este luns, 23 de maio, o alumnado de 5º de E. Primaria tivemos a oportunidade de achegarnos á "Lingua de Signos" grazas a mestra do noso colexio: Desiré. Foi unha experiencia que nos motivou e gustou moito. Aprendimos o alfabeto dactilolóxico, os números, os meses do ano, os días da semana..., e o máis importante: a comunicarnos entre nós mediante esta lingua. |
||||||||||||||
2022 - Visita 3º e 4º ao barrio da Madalena
Os días 4 e 19 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º visitaron o emblemático Barrio da Madalena de Ferrol. Pasearon, aprenderon e descubriron a beleza e a historia deste fermoso barrio, que presenta vivendas engalanadas con galerías, balcóns de ferro forxado e motivos vexetais nas súas facianas. Preme na imaxe para saber máis |
2022 - Visita 6º E.P. a EXPONAV
O martes 8 de febreiro, os alumn@s de 6º visitaron o Museo de Exposición Naval de Ferrol. |
||||
Para entender o desenvolvemento da cidade de Ferrol é indispensable coñecer a construcción naval: importancia e implicacións que tiveron para a mesma. Por este motivo desprazámonos a pé ata o edificio Herrerías, adicado á historia da construción naval desde o 2008. |
||||
PREME NA ICONA PARA VER MÁIS IMAXES |
Saída 3º e 4º á AFundación: Exposición "O noso planeta"
Os días 3 de decembro e 10 de xaneiro, os nenos e nenas de 3º e 4º visitaron a exposición "Noso Planeta" de David Atenborough na Fundación Abanca de Ferrol. Os alumnos e alumnas destes cursos traballaron en grupos fotografías presentes na exposición. Foi moi interesante! Se queredes saber como foi a visita, premede na icona
|
||
Entrega de premios no teatro Jofre: Concurso de debuxos de Rodolfo Ucha
O pasado 23 de novembro, o alumnado de 6º de primaria, acudiu ao Teatro Jofre para a entrega de premios do Concurso de debuxos de Rodolfo Ucha. Nove centros escolares, entre eles o CEIP ISAAC PERAL, participaron neste concurso, convocado polo Concello de Ferrol, para honrar a figura deste grande arquitecto e, por outra banda, celebrar o Día Universal do neno e nena e o Día Internacional das cidades europeas. Preme na imaxe para saber máis |
||
25 N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Velaquí tedes o vídeo da actividade realizada na clase de Música con motivo da commemoración do 25N- Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. A canción escollida foi "Tempestades de sal" da cantante María Xosé Silvar, coñecida como SÉS.
Preme na imaxe para acceder á galería de fotos |
||||||
Visita ao mercado 6º de Educación Infantil
O pasado venres, o alumnado de 6º de Educación Infantil, foi de visista ao mercado da Madalena. Pasamos unha mañá moi divertida, coñecendo os diferentes postos, as persoas que alí traballan e os alimentos que ofrecen. Tamén, aproveitamos para coñecer os prezos de diferentes alimentos, que anotamos na nosa lista da compra. |
||||||
15 de outubro - Día europeo da parada cardíaca
HOXE CELEBRAMOS O DÍA EUROPEO DA PARADA CARDÍACA Este venres, o alumnado de 5º de E.Primaria, participou nun evento de RCP xunto con outros centros. Coordinados polo CFR de Ferrol en colaboración co 061, os nenos e nenas recibiron pautas das maniobras de reanimación e uso de desfibriladores. |
||||||
Preme na imaxe para acceder á galería de fotos e ao vídeo Para máis información preme no icono |
||||||