TEI 16 - 17

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

         
 

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS

 
 

Traballar as emocións na aula é abrir as portas á aprendizaxe e á mellora da convivencia.

Este curso poñemos en marcha o PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS encamiñado á prevención do acoso escolar. Este proxecto esixe a formación específica do profesorado e a implicación de toda a comunidade escolar, especialmente das familias.

Por iso pedimos a vosa colaboración.

Para saber en que consiste esta primeira colaboración das familias premer na imaxe.

 
   
   
   
   
   
   
   

DOCENCIA DO TEI

         
  O PROFESORADO DO CENTRO RECIBE A DOCENCIA SOBRE O PROGRAMA TEI  
   

O profesorado do centro recibiu a docencia para a aplicación no noso centro do programa de "Titoría entre iguais", programa de prevención da violencia e acoso escolar. A docencia, que se realizou durante dous días, foi moi positiva.

No mes de xaneiro comezaremos aplicación deste programa no noso centro no que os alumnos e alumnas de 5º de primaria titorizarán ao alumnado de 3º de primaria.

 

   
   

"TITORÍA ENTRE IGUAIS" UN PROXECTO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

     
  O PROGRAMA TEI, UN PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR  
 

Oitenta alumnos de seis centros da comarca estrenan un programa de titoría entre iguais (TEI), programa de prevención do acoso escolar.

O noso centro é un dos participantes. O proxecto consiste en que alumnado de 5º de primaria exerza coma titor de alumnado de 3º de primaria, tratando así de igual a igual os problemas. 

O profesorado do noso centro acudirá ás sesións de formación no CEFORE de Ferrol o luns e o martes.

Premendo na imaxe accédese á nova da Voz de Galicia

 

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

          
  PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR  
 

Como xa sabedes, estamos traballando cara á prevención do acoso escolar.

Partindo das aportacións das familias comezamos a falar nas asambleas de aula dos sentimentos que esperta o acoso.

Seguimos aportando datos e reflexionando sobre o tema vendo videos adaptados ás distintas idades.

Tamén escoitamos en directo o rap do alumnado de 5º de E. Primaria.

E SEGUIMOS TRABALLANDO... IREMOS INFORMANDO.

Premer nas imaxes para acceder á nova.

 
   

PROGRAMA TEI: FORMACIÓN DO ALUMNADO

          
   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Tras as reunións informativas coas familias do alumnado de 3º e 5º de E. Primaria, pasamos ás docencias para dito alumnado, que serán os principais artífices do cambio na convivencia do centro.

Ao alumnado fíxoselle entrega dun tríptico informativo, asi como un carnet e un diploma nos que asinaron o seu importante compromiso.

NORABOA AOS TITORES E AOS TITORIZADOS!!!!!

 

Premer nas imaxes para acceder á nova.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

Powered by Drupal - Design by artinet