DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA CURSO 17 -18 | |||||
Premendo na imaxe accédese ao noso proxecto dinamizador de convivencia para este curso 2017-2018 no que, seguindo os tres eixos fundamentais (coidado do entorno, de si mesmo e das relacións), continuaremos con actividades xa iniciadas en cursos anteriores coma "A patrulla verde" ou "Xoves froita, venres bocadillo" , continuaremos e ampliaremos á etapa de E. Infantil o PROGRAMA TEI e realizaremos novas actividades como XOGOS NO PATIO Nas imaxes de abaixo podemos ver algunhas das actividades dinamizadores realizadas durante este curso. Premendo nas imaxes accédese a elas |
|||||
Convivencia 17 - 18
DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA 17-18
CELEBRACIÓN DA PAZ 2018
|
O martes celebramos no cole o día da Paz. Todos xuntos cantamos no patio unha cantiga pola Paz, pero non so iso foi a nosa conmemorarión día da Paz senón que durante varios días estivemos preparando esta data: realización de murais, ensaios da cantiga, regalos ao noso amigo invisible.... Máis información premendo na imaxe. |
DOAZÓN Á COCIÑA ECONÓMICA
UN PRACER COLABORAR! |
||||
A COCIÑA ECONÓMICA AGRADECE A NOSA COLABORACIÓN. NUNCA FAIA O ISAAC PERAL POR ESTAS DATAS. XA CONTAN CON NÓS! E NOS AGRADA. O NOSO COLEXIO, SEMPRE QUE PODE, COLABORA COA COCIÑA ECONÓMICA. AGRADECENNOS MOITO CADA VEZ QUE LEVAMOS OS ALIMENTOS.
SEGUIREMOS COLABORANDO! |
XOGAMOS Á GOMA!
PATIOS SAUDABLES.... XOGAMOS Á GOMA! |
|||
Este curso iniciamos o noso proxecto de Patios saudables cos xogos no patio. Comezamos o primeiro día con carreiras de sacos e nesta segunda semana tocoulle ao XOGO DA GOMA. Nenos e nenas desfrutaron con este xogo tradicional! Accceder ás fotografías premendo na imaxe |
PATIOS SAUDABLES: XOGANDO COA CORDA!
PATIOS SAUDABLES.... XOGAMOS Á CORDA! |
||||
|
E... seguimos co noso proxecto de patios saudables! Esta semana tocoulle ao xogo da corda. Daba gusto ver como os nosos nenos e nenas disfrutaban con este xogo tradicional!
|
|||
Así saiu publicada a nova no noso facebook
|
Xogos do patio
DÍA 5 DE OUTUBRO |
Este curso o patio de recreo vaise convertir nun espazo saudable. Imos conseguir entre todos nós que cada neno e cada nena poda xogar, divertirse e aprender a convivir .
PREPÁRATE PARA XOGAR XUNT@S
|
COMENZA A DIVERSIÓN!
|
SE CHOVE, XOGAREMOS A GOMA |
SE NON CHOVE FAREMOS CARREIRAS DE SACOS |
ANÍMATE A PARTICIPAR NESTE NOVO PROXECTO! |