I CARREIRA POPULAR CONTRA O CANCRO "CORRE POR FERROL"

             
   

  I CARREIRA POPULAR CONTRA O CANCRO  

 "CORRE POR FERROL"  

   
     

O domingo 3 de novembro temos a oportunidade de demostrar a nosa solidariedade e, ademais, de practicar unha forma saudable de vida: o deporte.

A carreira "Corre por Ferrol" espérase que sexa a máis concurrida do ano e máis que unha competición é unha actividade solidaria, que destinará íntegramente os seus fondos á ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO.

Haberá categorías inferiores (desde 50 metros, 500 e 1.000) e absolutas (5 km a partir de cadetes). Non se trata dun evento competitivo senón solidario. Trátase ademais dunha carreira familiar na que poderán participar nenos e tamén maiores, aínda que sexa camiñando.

A carreira recorrerá as rúas e zonas más emblemáticas da cidade e completarase con outras actividades lúdicas e deportivas.

A inscripción dos adultos terá un coste de 5€ ou 7€, dependendo se contan ou non co chip amarelo. Os participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa.

 

   
     

As inscipcións poderán realizarse:

     
     

O prazo de inscripción e pago finalizará o xoves 31 de outubro de 2013 ás 19:00 horas.

     
     

 A retirada de dorsais, chip e camisetas:

  • Na Praza de Armas o día 2 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
  • O mesmo día da proba ata media hora antes do comezo da mesma, é dicir, ata as 10:30.
     
       A saída será ás 11:00 horas na Rúa Real á altura da Praza de Armas.      
             

Powered by Drupal - Design by artinet