Os días 17 e 18 de outubro celebramos a apertura da nosa biblioteca.
Todo o alumnado, por ciclos, asistíu ao acto de presentación do novo proxecto que PERALIÑO -a nosa mascota-, nos propuxo:"FERROLEANDO POLOS LENZOS".
Trátase de coñecer a nosa cidadea través de diversas expresións artísticas: arquitectura, pintura, literatura...
Pero sobre todo, o noso proxecto para este curso, consiste en unir o mundo da pintura co dalectura. Dentro de cada lenzo hai unha historia, e son as palabras, a linguaxe, as que nos permiten imaxinala e contala.
MIRADE BEN E IMAXINADE MOITO!
Nenos e nenas de 2º, acompañados e dirixidos polo seu profesor, amenizaron con cancións a presentación:"A PINTURA A TRAVÉS DA HISTORIA".
O conto "OBOSQUE DASCORES" servíu de fío condutor.
Contamos cun invitado de honor, o padriño da nosa biblioteca: Antón Cortizas.
Grazas, Antón, porque a túa presenza, poder contar contigo, sérvenos sempre de acicate en todos os proxectos.
NOVAS HISTORIAS.- Teremos un recanto de libros,
con historias relacionadas coa pintura, na nosa biblioteca.
MERGÚLLATE NELES!
Se queres dar un "p a s e o" pola historia da pintura, mira esta presentación.