ACTUALIDADE

      

CALENDARIO 2024

Apertura da biblioteca

   
     
 

 

 
     
   

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024 - CALENDARIO

 
   

 O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos sectores da comunidade escolar: nais/pais, mestres/mestras, persoal de administración e servizos e representante do concello.

Cada dous anos lévanse a cabo as eleccións ao Consello Escolar nas que se produce unha renovación parcial dos seus membros. Nesas eleccións, son substituídos os representantes que xa se levaban catro anos no Consello Escolar. Dous anos despois, nas seguintes eleccións, renóvanse os membros que non foron substituídos nas anteriores convocatorias. Para a realización das eleccións noméase unha Xunta Electoral, órgano encargado de coordinar o proceso electoral.

Reunida a Xunta Electoral este foi o calendario electoral aprobado para estas eleccións.

   
         
   
   
   

COMEZO DO PROCESO ELECTORAL DO CONSELLO ESCOLAR 2024

         
  SORTEO DOS INTEGRANTES DA XUNTA ELECTORAL      
 

Este curso corresponde a renovación parcial dos integrantes do Consello Escolar. Estas eleccións comenzan coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo público, que se celebrará o próximo venres 18 de outubro ás 9:15 h na secretaría do centro.

Máis información premendo na imaxe

     

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 24 - 25

     
   ELIXIDOS OS DOUS DÍAS NON LECTIVOS   
 

Xa están noso calendario escolar os dous días NON LECTIVOS elixidos polo Consello Escolar:

  28 de febreiro  e o  2 de maio  do 2025

Premendo na imaxe accédese ao calendario para este curso 24 - 25.

 

 
   

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR 24 - 25

     
  MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR
 
 

Premendo nas imaxes accédese aos menús do comedor escolar: almorzo, xantar e menús especiais.

 

 

Premendo na imaxe accédese ás fotografías dos diferentes platos.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024 -2025

         
   CALENDARIO ESCOLAR 2024 - 2025
   
 

Premer na imaxe para ver máis grande

Na orde do 12 de abril de 2024 (DOG 23/04/24) aprobouse o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Para acceder ao DOG premer na imaxe.

   

SECCIÓNS BILINGÜES

             
               
     

  A sección bilingüe é un programa que consiste na ensinanza dun área ou materia non lingüística nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira, empregada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.

No noso centro, levase a cabo a sección bilingüe na área de Música e Danza en 1º e 2º de Educación Primaria.

Máis información e actividades    

Premer na icona para acceder aos impresos da autorización para participar no proxecto.

                        

1º E. Primaria   2º E. Primaria

     
             

PROTOCOLO DE ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

           
  PROTOCOLO DE ACOSO: PUNTO LARANXA  
   

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas é a instalación do PUNTO LARANXA, un espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Este PUNTO LARANXA está situado na planta alta do centro.

Para acceder ao protocolo premer na imaxe.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   
   

BLOGS DE RECURSOS

     
  BLOGS DE RECURSOS DO CENTRO  
 

Lembramos que están actualizados e disponibles para toda a comunidade educativa os blogs de recursos do centro, con cantidade de recursos de educación infantil, matemáticas, lingua castelá, lingua galega e ciencias da natureza,  así coma o blog de lectura na rede. 

Para acceder premer nas imaxes

        

      

     

 

Powered by Drupal - Design by artinet