Secretaría
Calendario Escolar 24-25
- Día 2 de maio foi solicitado como non festivo á delegación Territorial
- 11 de novembro, SAN MARTIÑO, festa local
INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 24-25
O mércores 11 de setembro, darán comezo as clases en en horario habitual de 09:00 a 14:00h. agás no grupo de 3 anos (4º de Educ. Infantil) que realizarán o periodo de adaptación.
Tamén comezará dende o primeiro día o servizo de ATENCIÓN TEMPERÁ, e COMEDOR ESCOLAR
REUNIÓN INICIAL COAS FAMILIAS
Titores e profesorado que imparte en cada grupo manterá unha xuntanza informativa inicial coas familias do alumnado, para tratar aspectos relacionados coa organización do curso escolar.
Educ. Infantil
4º de Educ. Infantil (3 anos) MÉRCORES 4 de setembro ás 12:00h, na aula
5º de Educ. Infantil (4 anos) LUNS 7 de OUTUBRO ás 16:00h, na súa aula.
6º de Educ. Infantil (5 anos) LUNS 7 de OUTUBRO ás 16:00h, na súa aula.
Educ. Primaria
1º de Primaria, LUNS 30 de SETEMBRO ás 16:00h, na súa aula.
2º de Primaria, LUNS 7 de OUTUBRO ás 16:00h, na súa aula.
3º de Primaria, LUNS 7 de OUTUBRO ás 16:00h, na súa aula.
4º de Primaria, LUNS 7 de OUTUBRO ás 16:00h, na súa aula.
5º de Primaria, LUNS 7 de OUTUBRO ás 16:00h, na súa aula.
6º de Primaria, LUNS 7 de OUTUBRO ás 16:00h, na súa aula.
PROCESO DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO NOVO CURSO 2024/2025
O prazo de presentación de solicitudes estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo do 2024
A información relativa ao proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal admisionalumnado).
IMPORTANTE: Só se pode presentar UNHA SOLICITUDE POR ALUMNO/A, no centro elixido como 1ª opción, asinada por ambos proxenitores e coa documentación xustificativa. Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
Deberá presentar unha solicitude escollendo unha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informáticamente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e
presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2. Cubrir a solicitude informáticamente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e
asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude. Importante: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado.
3. Achegarse á secretaría do centro, onde se proporciona a solicitude, ANEXO II E ANEXOII, cubrila manualmente,
asinala e presentala.
NORMATIVA:
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25
-Reserva de praza no centro adscrito: IES Otero Pedrayo………………………………. 15/01—05/02
-Publicación de postos escolares vacantes…………………………………………………….… 25/02
-Presentación de solicitudes de admisión………………………………………………01/03- 20/03
-Presentación de documentación acreditativa dos criterios en caso de baremo……. 24/03- 08/04
*Se o consello escolar solicita documentación complementaria, dará 10 días
-Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos…………………… 25/04
*Prazo de reclamacións ante o consello: 5 días hábiles
-Publicación das listaxes definitivas……………………………………………………………………..……. 15/05
-Formalización de matrícula……………………………………………………………………………… 20/06-30/06
PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
PRIMEIRA FASE: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES EN CENTROS ADSCRITOS PARA CURSAR A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
O día 15 de xaneiro, iníciase o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024-2025 en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Actívase así a primeira fase do procedemento para RESERVA DE PRAZA en centros adscritos para alumnado que cambie de etapa. No caso do noso centro aféctalle ao alumnado de 6º de Primaria que desexe cursar 1º da ESO no instituto ao que estamos adscritos: IES Otero Pedrayo.
Os interesados deberán presentar solicitude de reserva de praza no prazo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.
As solicitudes poderanse presentar:
- No CEIP Plurilingüe Inmaculada (en formato papel), logo de cubrir o formulario correspondente que se pode recoller no centro ou descargalo premendo no adxunto desta nota informativa.
- Telematicamente, a través da aplicación ADMISION ALUMNADO, seguindo as orientacións que aí se indican. Nesta mesma ligazón tamén se poden atopar os accesos á lexislación aplicable e aos formularios de solicitude de reserva.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24
- Os vales de material escolar xa están dispoñibles na secretaría do centro. (poden chamar para confirmar)
- Os vales de libros de texto para o alumnado que cursará 1º e 2º de Educación primaria tamén están dispoñibles.(poden chamar para confirmar)
- O alumnado que cursará 3º,4º,5º,e 6º de Educación primaria poderá chamar a partires do 4 de xullo.
HORARIO DO CENTRO : DE 10:00 ÁS 13:00 HORAS
MATERIAIS E LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24
Nos documentos adxuntos pódese consultar o listado de libros e materiais para o vindeiro curso 23-24
Xornadas de portas abertas. Meses de febreiro e marzo
Portas abertas para coñecernos todos os luns de 16h a 17:30h
(se algunha familia non pode acudir neste horario pode poñerse en contacto coa dirección para acordar outra data)