Secretaría
Axuda de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2022/2023
Estimados pais/nais, titores comunicámoslles que saíron publicadas no BOP do 16 de abril as bases para solicitar as axudas de comedor para todo o alumnado, e axudas para libros de texto para educación infantil 2022/2023. Estas axudas xestiónanse únicamente no Concello (prazo do 18 de abril ata o 6 de maio, ámbolos dous incluídos).
As instancias pódense recoller na Oficina de Atención Cidadá situada na Praza San Martiño 2- Baixo), nas oficinas municipais da Rúa Bispo Carrascosa 8 e en todas as UNIS de Benestar Social.
Mais información na web do Concello de Ourense: www.ourense.gal na Área de Asuntos Sociais.
AVISO IMPORTANTE
Para facilitar as entradas do alumnado, a partires do luns 8 de novembro, os pais/nais que así o precisen poderán entrar no patio (cancha de fútbol) na zona que atoparán delimitada. Só un adulto por alumno/a que permanecerá no recinto escolar o menor tempo posible.
RESERVA DE PRAZA SERVIZOS DE COMEDOR ACOLLIDA TEMPERÁ e ALMORZO
RESERVA DE PRAZA SERVIZOS DE COMEDOR ACOLLIDA TEMPERÁ e ALMORZO
https://fapaourense.es/comedores/reserva-de-praza-servizos-de-comedor-acollida-tempera-e-almorzo/
PERÍODO DE ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos)
Benvidos á escola, iniciamos un novo curso con moita ilusión e ganas de coñeceros.
O venres día 3 teremos unha pequeña reunión país/nais do alumnado de 4º de E.I as 11:00 h na que explicaremos as normas básicas e
período de adaptación.
No período de adaptación teremos 2 grupos ( informarase dos listados na reunión) e faremos co seguinte horario:
-Os días 9 e 10 serán 1,5 h cada grupo
-Os días 13 e 14 serán 2 h cada grupo
-O día 15 todos xuntos de 9:30 á 12 h.
-O día 16 todos xuntos de 9:30 á 13 h.
-O día 17 todos xuntos de 9:30 á 13:30 h.
-A partir do 20 horario normal 9:10 á 13:40
Contamos coa vosa presenza!
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022
Estimadas familias, xa está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material
escolar, para o vindeiro curso 2021-2022.
Pódese consultar toda a información nas seguintes ligazóns:
2. A Orde completa publicada no DOG do 20 de maio
3. O acceso á sede dixital para presentar telemáticamente.
4. O acceso á aplicación fondolibros para xenerar a solicitude.:
O impreso de solicitude pódese imprimir e cubrir manualmente ou recoller no
centro, onde estará dispoñible .
Anexos 1 e 2
5. O cálculo da renda per cápita (con respecto á Renda 2019)