Festival gradación 2024

Aquí deixámosvos as ligazóns aos vídeos publicados no Festival de Gradación 2024:

 

Discursos 6º Infantil 2024

Videos gradación 6º Infantil 2024

 

Discursos 6º Primaria 2024

Videos gradación 6º Primaria 2024

Premiado o maio da ANPA Inmaculada co segundo premio.

O maio realizado polos pais e alumnos do ANPA Inmaculada conseguiu o segundo premio na categoría de "maios enxebres" no pasado concurso de maios organizado polo Concello de Ourense

SEMANA DO LIBRO 23-24

                               

 

Día do libro 2024. Visita de Xavier Estévez. 5º e 6º de Primaria

Hoxe día do libro, tivemos a sorte de que o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, recibisen a visita do autor Xavier Estévez con motivo da lectura de dúas dos seus libros: "Avións de papel" e "No corazón da maxia". Pasamos un intre moi agradable compartindo inquietudes sobre as súas obras e a súa persoa.

 

Mais fotos

PROCESO DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO NOVO CURSO 2024/2025

 

O prazo de presentación  de solicitudes estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo do 2024
 
A información relativa ao proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal admisionalumnado).
 
IMPORTANTE: Só se pode presentar UNHA SOLICITUDE POR ALUMNO/A, no centro elixido como 1ª opción, asinada por ambos proxenitores e coa documentación xustificativa. Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
 
Deberá presentar unha solicitude escollendo unha das opcións descritas a continuación:
 
1. Cubrir a solicitude informáticamente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e
presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
 
2. Cubrir a solicitude informáticamente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e
asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude. Importante: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado.
 
3. Achegarse á secretaría do centro, onde se proporciona a solicitude, ANEXO II E ANEXOII, cubrila manualmente,
asinala e   presentala.
 
NORMATIVA:


 ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos


 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
 

 

 ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

-Reserva de praza no centro adscrito: IES Otero Pedrayo………………………………. 15/01—05/02



   -Publicación de postos escolares vacantes…………………………………………………….… 25/02



     -Presentación de solicitudes de admisión………………………………………………01/03- 20/03



  -Presentación de documentación acreditativa dos criterios en caso de baremo……. 24/03- 08/04
     *Se o consello escolar solicita documentación complementaria, dará 10 días



-Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos…………………… 25/04
    *Prazo de reclamacións ante o consello: 5 días hábiles


-Publicación das listaxes definitivas……………………………………………………………………..……. 15/05



-Formalización de matrícula……………………………………………………………………………… 20/06-30/06




Día de Rosalía de Castro. 23 febreiro

 

Un ano mais celebramos o día de Rosalía de Castro no CEIP Plurilingüe Inmaculada.

Distribuir contido