PROTECCIÓN CIVIL. Campaña Nadal 2021. BANCO DE ALIMENTOS

Unha vez mais, Protección Civil quere estar e axudar aos mais necesitados, hoxe mais que nunca debido á situación tan devastadora en moitos fogares pola situación xerada (Covid-19) e as súas consecuencias. Para iso, necesitamos da colaboración de institucións e Entidades do ámbito gobernamental, así como do sector privado, como vostedes. Por iso, rogamos colaboren connosco, desde o seu centro educativo na doazón de alimentos e xoguetes a favor do Banco de Alimentos e a Protectora de Animais Progape. Os xoguetes serán doados pola as Asociacións que os requiran, así como a Parroquias onde os poidan facer chegar aos mais pequenos, e que cada neno poida ter un xoguete e facer mais levadío Nadal e Reyes.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Hoxe 12 de novembro celebramos a FESTA DO MAGOSTO coa visita das castañeiras que repartirán castañas e bolos preñados entre o alumnado que así o desexe.

 

MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

 

 

AVISO IMPORTANTE

 

Para facilitar as entradas do alumnado, a partires do luns 8 de novembro, os pais/nais que así o precisen poderán entrar no patio (cancha de fútbol) na zona que atoparán delimitada. Só un adulto por alumno/a que permanecerá no recinto escolar o menor tempo posible.

 

Eleccións de membros do Consello Escolar

Segundo o Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo o Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto, procédese a anunciar data e hora do sorteo público para designación dos membros da Xunta Electoral:

Mércores 27 outubro ás 14:00h no patio cuberto de E.Infantil.

Día da visión

Celebramos no noso cole do Día da Visión 2021

 

Mais fotos

Recollida solidaria de roupa

 

O día 27 de outubro a empresa Mariola Solidaria, en colaboración con Global Humanitaria, recollerá en noso colexio roupa e calzado usado. Todos os que o desexen poden deixar as súas doazóns no centro antes dese día.

Distribuir contido