MENSAXE DE ÁNIMO
Estimadas familias:
Nestes momentos de incerteza e preocupación que todos estamos vivindo, desde o equipo directivo e claustro de CEIP Plurilingüe Inmaculada, queremos transmitirvos unha mensaxe de calma, agradecemento e ánimo.
O primeiro, queremos agradecer a todas as familias o labor que estades facendo na casa, porque sabemos que non é fácil ese esforzo que supón dirixir esa docencia non presencial. Non queremos que as nenas e nenos se sintan agobiados o presionados, se trata de que intenten facer o que poidan nestas circunstancias excepcionais que nos toca vivir. Todo o que fagan ten que ser desde a motivación, xa que estar confinados na casa xa é complicado para eles.
Segundo, queremos facer extensible este agradecemento ao alumnado que desde as súas casas están cumprindo coas súas tarefas, sen que lles decaia o ánimo e sempre con esa alegría e inocencia que lles caracteriza.
GRAZAS DE CORAZÓN.
Á súa vez queremos que saibades que empatizamos con todas e cada unha das familias e as circunstancias polas que esteades pasando, e por iso queremos lanzar unha mensaxe de tranquilidade polo menos no terreo educativo, colaborando en todo o posible, estando de xeito conxunto (porque non podemos man a man) a través das tecnoloxías, nós, os mestres do cole estamos dispoñibles en todo momento para poder axudarvos sempre que o necesitedes, non o dubidedes.
Podedes dirixirvos a nós a través do correo do centro ( ceip.inmaculada@edu.xunta.gal) , ou a través da aplicación Abalar Móbil (que teredes que descargarvos no voso teléfono ou ordenador) E seguiremos informando a través da nosa páxina web.
E a aqueles papis e mamis do cole que traballan porque son persoal sanitario e farmacéutico, médicos, enfermeiras, persoal de supermercado, transportista, agricultores, forzas da seguridade e demais servizos esenciais, ¡grazas! Os aplausos que todas as tardes sucédense en toda España van dedicados en primeiro lugar a vós.
Non esquezades que aínda que esteamos en casa a natureza segue o seu curso e empezou a primavera, así que imos recibila cun sorriso.
¡Un día máis, é un día menos!
Un afectuoso saúdo
O Equipo docente do centro.
A Xunta propón unha programación de lecer cultural para toda a familia no eido dixital coa campaña #aculturasegue
Os museos, centros de interpretación, bibliotecas ou arquivos xestionados polo Goberno galego potencian os seus recursos e materiais online
Máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas ofrécense en formato electrónico e de maneira gratuíta a través da plataforma GaliciaLe
Conxuntos monumentais como catedrais e mosteiros abren as súas portas en visitas e percorridos 360º a través da oferta de Turismo de Galicia
Dotacións como a Cidade da Cultura, o CGAC ou o CGAI divulgan contidos tanto de actualidade como dos seus fondos con gran interese histórico
O Portal da Lingua Galega conta con abondosos recursos didácticos para a cativada con xogos, materiais para imprimir e propostas interactivas
ENLACE Á NOTICIA: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48051/xunta-propon-unha-programacion-lecer-cultural-para-toda-familia-eido-dixital
Recursos educativos online para que os Nenos aprendan na casa: apps, fichas para imprimir, xogos e máis
Para que se entreñan e divirtan aprendendo nestos días, estos 83 recursos educativos online para entreter aos nenos , destinados aos peques de Educación Infantil y Primaria.
Listado de iniciativas de Apps españolas que están ofrecendo gratis os seus contidos Premium para axudar a que os menos sigan aprendendo dende casa
Academons Primaria: la App de Homeschooling está ofreciendo 30 días de acceso gratis a todo su catálogo de juegos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias y Science http://bit.ly/Academons_Gratis
Ta-tum: del grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito hasta el mes de julio a esta plataforma para el fomento de la lectura http://bit.ly/Edelvives_Tatum
Smartick: esta App malagueña está ofreciendo acceso 15 días gratis a su App para repasar las matemáticas. http://bit.ly/Smartick_15
Genially: la plataforma para hacer presentaciones interactivas ofrece por un tiempo limitado sus plantillas y recursos Premium gratis http://bit.ly/Genially
AMCO: Acceso los juegos de Mates y Lengua de su App Eduzland gratis por un tiempo limitado https://amconews.es/eduzland/
Smile and Learn: esta App para los más pequeños de la casa está ofreciendo acceso gratuito durante un mes a su catálogo de juegos interactivos. http://bit.ly/smile_learn
M.A.R.S.: esta App del grupo SM ofrece códigos descuento para acceder a los contenidos de 3º a 6º de Primaria. http://bit.ly/MARS_App
Cerebriti Edu: ofrece sus más de 50.000 juegos de Primaria y Secundaria gratis hasta final de curso http://bit.ly/Cerebriti_Edu
NOVIDADES NO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión
que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación
das solicitudes
ARTS AND CRAFTS 1º PRIMARIA
Os alumn@s de 1º de primaria traballaron moito para facer estas fermosas árbores navideñas.
ARTS AND CRAFTS 2º PRIMARIA
Os alumn@s de 2º de primaria fixeron estes arboliños navideños na clase de plástica.
Festival Nadal 2019
O Festival de Nadal 2019 terá lugar nas seguintes datas:
Xoves 19 de decembro as 12:00: Festival de Ed. Infantil
Venres 20 de decembro as 11:00: Festival Ed. Primaria
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17