A Xunta propón unha programación de lecer cultural para toda a familia no eido dixital coa campaña #aculturasegue

     

Os museos, centros de interpretación, bibliotecas ou arquivos xestionados polo Goberno galego potencian os seus recursos e materiais online

Máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas ofrécense en formato electrónico e de maneira gratuíta a través da plataforma GaliciaLe

Conxuntos monumentais como catedrais e mosteiros abren as súas portas en visitas e percorridos 360º a través da oferta de Turismo de Galicia

Dotacións como a Cidade da Cultura, o CGAC ou o CGAI divulgan contidos tanto de actualidade como dos seus fondos con gran interese histórico

O Portal da Lingua Galega conta con abondosos recursos didácticos para a cativada con xogos, materiais para imprimir e propostas interactivas

ENLACE Á NOTICIA: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48051/xunta-propon-unha-programacion-lecer-cultural-para-toda-familia-eido-dixital