Informamos ás familias do centro que este curso vamos participar no "Programa de Auxiliares de Conversa" da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O Programa posibilita a práctica da conversa oral, proporciona un modelo de corrección lingüística e achega ao alumnado e profesorado á cultura do país de orixe deste.
Isto quere dicir que ao longo do curso escolar 2019/20 contaremos coa colaboración dunha auxiliar de conversa estadounidense nas nosas aulas de primaria, de xeito que o alumnado poderá mellorar a competencia en lingua inglesa.
O seu labor será apoiar as actividades programadas polo profesorado do centro, facilitando que as/os estudantes practiquen, cunha persoa nativa, o idioma que están a aprender. Deste xeito acadarán un desenvolvemento máis eficaz das súas competencias comunicativas e lingüísticas.
Un saúdo
A dirección