Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Protocolos COVID Curso 2021-22

PROTOCOLOS DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID

O equipo docente do CEIP García Barbón pon a disposición da comunidade educativa o Plan de adaptación a situación Covid-19 e  o plan de continxencia en base á  resolución do 1 de setembro de 2021, pola que se aproba o "Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensinio non universitario de Galicia para o curso 2021-22.

Ditos documentos serán sometidos as modificacións que establezan as autoridades educativas e sanitarias. Faremos a difusión deste plan nas distintas reunións coas familias  e teredes acceso aos documentos no apartado de descarga de documentos e logo en plans e proxectos

Para facilitar a comprensión dos mesmos, tendes unha presentación onde se destacan os puntos mais importantes destes planes e aspectos organizativos para este comezo do curso

  

CALENDARIO PROTOCOLO COVID19

 

O 10 de setembro dará comezo o curso escolar 2020/21, o equipo docente está a traballar para preparar o centro para recibir cos brazos abertos e con agarimo ao noso alumnado. Para iso estivemos a traballar  en adaptar o centro as normativas que nos van establecendo as autoridades educativas e sanitarias. Estamos rematando o proceso de análise do protocolo de adaptación a situación COVID 19

Calendario:

  •  21 agosto- 29 de agosto concreción do protocolo por parte do profesorado
  • 1 de setembro: aprobación do protocolo provisional polo claustro e dende ese momento,    as familias terán acceso ao documento  (a través da web) e poñeremos a disposición da    comunidade educativa unha presentación cos aspectos mais importantes do mesmo
  • 3 de setembro. Reunión do  Consello Escolar. Difusión do protocolo definitivo
  • 10 de setembro :comezo clases

 É un documento no que se van a ir incorporando todas as novidades e instrucións que nos determinen as autoridades sanitarias e educativas segundo vaia evolucionando a pandemia

CONVOCATORIA DE BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

 

No Boe do 8 de agosto de 2020 aparece publicada a resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan  becas e axudas para alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020-21 

Modalidades

 Axudas directas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivada da súa discapacidade ( inclúe afectados por TDAH)

 Axudas para programas específicos complementarios para alumnado específico de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais

·     Acceso a resolución

ACCESO AO SERVIZO ON LINE

 

 PRAZO PRESENTACIÓN: 30 setembro

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO E VALES PARA O CURSO 2020/21

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias

Xa temos a vosa disposición os libros de textos que se os adxudicaron. Para recollelos debes facelo no  día e hora que se  lle asigne ao voso fillo e filla no cadro que aparece a continuación:

 

GRUPO

DÍA

HORA

LUGAR DE RECOLLIDA

 

2

10:00-12:00

Entrada do colexio

3

10:00-12:00

Entrada do colexio

4

10:00-12:00

Entrada do colexio

    

 

 

 

 

 

As familias que teñen os vales de material sen recoller:  

  •   Se pertecen  a estes cursos se lle entregará cos libros de texto.   
  • Nos outros casos,  neses mesmos días e no intervalo de tempo indicado anteriormente

Recomendacións

  • Debe esperar a súa quenda, mantendo a distancia de seguridade
  • Acudir unha soa persoa e non acompañada dun menor
  • Vir provisto de máscara e hixienizar as mans ao entrar
  • Aconsellable que traia o seu bolígrafo


REUNIÓN INICIAL FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2020/21

Estimadas familias, queremos darvos a benvida a curso escolar 2020/21 e contarvos  as  novidades que temos preparadas para dar comezo a esta nova etapa .  

Falaremos, entre outras cousas da importancia desta etapa,  o período de adaptación, coñeceredes ao profesorado que vai acompañar aos vosos fillos e fillas, falaremos das cousas necesarias para este curso,

 Para iso teremos unha reunión  a que debe asistir un só membro por familia, con máscara e cumprindo as normas de prevención e hixiene con respecto ao COVID-19. Ao entrar no colexio deberá  seguir o camiño que se lle indique para sentarse no lugar asignado

No caso de ter dúbidas a que grupo pertence o seu fillo/a póñase en contacto co centro

Data: 4 de setembro

Nivel: 3 anos A

Titora: Emma

Hora: 17 horas

Lugar: Pavillón do colexio

 

Data: 4 de setembro

Nivel: 3 anos B

Titora: Majo

Hora: 18:30 horas

Lugar: Pavillón do colexio

ADAPTACIÓN DO CURSO ESCOLAR 20/21 POLO COVID-19

Queremos comunicarvos que  hoxe saiu publicado, no portal da Xunta, o protocolo de adaptación ao contexo da covid 19.

O equipo docente está a traballar na elaboración dos protocolos que daremos a coñecer no mes de setembro. A finalidade dos mesmos e garantir a seguridade de todas as persoas que forman parte da comunidade educativa. Coa colaboración de todos e todas, faremos do noso colexio un espazo seguro.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS DE 3 ANOS

Achegámosvos información de interese para as familias do alumnado de 3 anos que comeza o cole en setembro.

Ademáis dalgunha recomendación interesante atoparedes as quendas do periodo de adaptación. O grupo concreto ao que pertencedes cada un o recibiredes por correo electrónico, no caso de non recibilo contactade co centro a través de ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal 

Benvidos e benvidas ao cole!

 

Clicade na imaxer para acceder a información

INFORMACIÓNS FONDO LIBROS

Trasladámosvos as datas de interese con respecto ao Fonfo de Libros:

 

  • PUBLICACIÓN DE LISTADOS PROVISIONAIS: 3 de xullo
  • PERIODO DE RECLAMACIÓNS AO LISTADO PROVISIONAL: 6, 7 de xullo
  • PUBLICACIÓN DE LISTADOS DEFINITIVOS: 8 de xullo
  • ENTREGA DE VALES: 9, 10 de xullo

 

A publicación dos listados está dispoñible no taboleiro do centro.

A entrega dos vales farase entre as 10 e as 12. Pregamos que a recollida se faga tomando as medidas preventivas oportunas.

Os libros de texto entregarémolos no mes de setembro.

LISTAXE DEFINITIDA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA O CURSO 20/21

Achegamos o listado de alumnos admitidos e excluídos para o curso que vén. 

 

NON ESQUEZAN MATRICULAR AOS ALUMNOS. ESTE TRÁMITE REALIZARASE NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 10:00 A 14:00, ENTRE O 1 E O 10 DE XULLO. 

Para matricular ao alumnado deben traer a seguinte documentación:

 

- impreso de formalización da matrícula (a achegamos como arquivo adxunto)

- dúas fotografías tamaño carné co nome ao dorso.

- unha fotocopia da cartilla sanitaria 

- unha fotocopia da cartilla de saúde infantil onde aparecen as vacinas. 

- anexo de alerta escolar (no caso de ser necesario) (achegámolo como arquivo adxunto) https://www.edu.xunta.gal/portal/node/371

- autorización para a recollida do alumnado

- autorización para participar en actividades complementarias 

- autorización para o tratamento das imaxes

 

NOTA IMPORTANTE:

- ALUMNADO DE PRIMARIA: No caso de ser solicitante de axudas de libros de texto e material escolar deben informarnos para solicitar o traslado do trámite.

- ALUMNADO DE INFANTIL: consulten nesta páxina web as instrución para facer esta solicitude no Concello.

- ANPA: poden consultar no blog da ANPA "A Barxa" información relativa á alta na asociación, ao comedor, etc. http://anpagarciabarbon.org/

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

- No arquivo adxunto poden consultar o LISTADO DE LIBROS DE TEXTO que van utilizar durante o curso 20/21. 

- O alumnado de 5º de primaria non utilizará libros de texto en formato papel. Este curso foinos concedido o Proxecto E- Dixgal. O obxectivo é que o alumnado utilice no seu día a día libros dixitais. Nos entornos virtuais desenvolverán as actividades diarias programadas por todo o profesorado que lle imparta clases. A consellería dotará ao centro dos equipos informáticos necesarios (netbook) para levar a cabo este proxecto (un equipo para cada alumno/a). A utilización dos ordenadores portátiles, das ferramentas e os contidos instalados nos mesmos é gratuíta para as familias. Comezaremos a implantalo este setembro nos 5º de Educación primaria e para o curso que vén (21/22) incorporarase tamén ao alumnado de 6º de primaria.

- Familias do alumnado que cursará 5º de primaria e que son solicitantes do "Fondo solidario de libros de texto e material escolar":

  • non terán que facer ningún trámite, o centro modificará automáticamente as súas solicitudes, pasando a ser únicamente "axudas de material escolar".

Se necesitan calquera aclaración poden poñerse en contacto co centro, no teléfono 886 111 087 ou a través do correo electrónico: ceip.garcia.barbon@edu.xunta.es

 

Distribuir contido


by Dr. Radut