Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

AXUDAS DO CONCELLO DE VIGO

Informamos ás familias que o prazo para solicitar as axudas escolares municipais para 
- Libros e material escolar do alumando de educación infantil
- comedor (alumando de infantil e primaria)
 
irá do 25 de xuño ao 22 de xullo.
 
Para entregar as solicitudes presencialmente deberán solicitar cita previa, a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260. As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño. 
 
As persoas dadas de alta na CARPETA CIDADÁN do concello poderán tramitala a través dela.

 

As solicitudes  e anexos que se achegan  están preparados para a sua tramitación telemática

 

Último envío de tarefas

LISTADOS DE SOLICITUDES CO BAREMO PROVISIONAL

Poden descargar as listaxes nas que aparece o Nº de solicitude co baremos que se lle adxudicou. 

Agora ábrese un prazo de 3 tres días para atender reclamacións. Segundo esto poderán achegar no centro os días 9, 10 e 11 a documentación que consideren oportuna.

A listaxe co baremo definitivo publicarase o día 26 de xuño.

Se teñen algunha dúbida poden chamar ao centro, ao teléfono 886 111 087.

Un saúdo

A dirección

AXUDAS MUNICIPAIS CURSO 20/21

Informamos ás familias que aínda NON ESTÁ ABERTO o prazo para solicitar as seguintes axudas municipais:

- de libros e material para alumnado de infantil

- de comedor para alumnado de infantil e primaria

Este abrirase cando se publique o extracto da convocatoria, que será ao longo deste mes.

Cando isto ocorra avisarémosvos a través do abalar.

Moito ánimo para todas e todos!

A dirección

Novas da semana do 1 de xuño

 

Estimadas familias

1.  Recordámoslles que o prazo para solicitar as Axudas para o alumnado de primaria vai ata o 19 de xuño. Estas solicítanse no centro, con cita previa. Estas axudas poden ser:

- a participación no Fondo Solidario de Libros de texto (alumnos de 3º a 6º de educación primaria)

- axudas para adquirir libros de texto (alumnado de 1º e 2º de primaria)

- axudas para material escolar (para alumnado de 1º a 6º de educación primaria)

 

2. AXUDAS COMEDOR (alumnado de infantil e primaria) e AXUDAS PARA ALUMNADO DE INFANTIL (material e libros de texto). 

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contando desde o seguinte á publicación oficial. As solicitudes presentaranse a través do Rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

 

3. Tarefas para esta semana. Poden descargalas nos adxuntos.

Programacións 3º trimestre 2020

Queridas familias

Durante estas semanas o claustro de profesores/as procedeu á revisión das programacións didácticas tendo en conta o establecido nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Durante o terceiro trimestre seguiremos planificando e desenvolvendo actividades de recuperación, repaso e reforzo das aprendizaxes que axudarán ao alumnado a manterse incorporado á aprendizaxe durante o que queda de curso. A realización destas permitirá ao profesorado coñecer o grao de conexión do alumnado e so poderán valorarse positivamente, beneficiando sempre ao alumnado.

En Educación Infantil a avaliación realizarase tendo en conta o desenvolvemento do alumnado durante o primeiro e segundo trimestre. Esta servirá para detectar e valorar os procesos de desenvolvemento do alumnado e analizar os seus progresos e dificultades, así como as súas aprendizaxes. Realizarase un informe individualizado do alumnado atendendo ás instrucións da Consellería.

A avaliación e cualificación do alumnado de Educación Primaria realizarase tendo en conta:

  • As aprendizaxes desenvolvidas durante o primeiro e segundo trimestre
  • As actividades de recuperación, repaso, reforzo e afondamento das aprendizaxes xa traballadas nos dous primeiros trimestres do curso

 O cálculo da cualificación final (avaliación ordinaria) realizase do seguinte xeito:

  •  Media aritmética da 1ª e 2ª avaliación
  •  As tarefas realizadas a partir da publicación destas programacións poderán valorarse positivamente atendendo ao esforzo, calidade... destas. (ata un 10%)

Co alumnado con materias pendentes establecerase un procedemento específico para a recuperación de ditas materias, tendo en conta as circunstancias individuais e os medios cos que conta o alumno. O profesorado informará ás familias do alumnado que estea nestas circuntancias do procedemento a seguir.

En canto ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, os procedementos e instrumentos de avaliación serán adaptados de acordo ás súas necesidades e ás medidas extraordinarias de atención á diversidade dispostas para a súa resposta educativa, considerando en todo caso a coordinación e o consenso entre o profesorado titor/especialista cos correspondentes membros do Departamento de Orientación que interveñen co alumno/a. 

Tendo en conta todo o anterior elaborarase un informe individual do alumnado, que terá un carácter informativo e orientador, no que se detallarán as aprendizaxes imprescindibles non adquiridas que deberán traballarse durante o próximo curso.

 Recordámoslles que seguimos á disposición da comunidade educativa a través do correo electrónico, teléfono do centro, abalar e páxina web para todo o que poidan necesitar.

 

A dirección

ADMISIÓN ALUMNADO

Unha vez rematado o prazo para solicitar praza no noso centro

INFORMAMOS ÁS FAMILIAS QUE É NECESARIO BAREMAR

xa que temos máis solicitudes que prazas dispoñibles.

 

Ábrese agora un prazo para alegar aquela documentación que consideren oportuna. Este prazo vai do 21 ao 26 de maio. Deben chamar ao centro para concertar cita, no 886 111 087.

Poden descargar en "adxuntos" un listado no que aparecen todas as solicitudes presentadas para cada curso. Por protección de datos non poden aparecer publicados os datos persoais na páxina web  polo que aparece unicamente o Nº de solicitude que lles puxemos escrito a bolígrafo.

Se queren ver o listado no que aparecen os datos persoais do solicitante teñen que achegarse ao centro. 

 

Un saúdo

A dirección

FONDO SOLIDARIOS DE LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias

 

Informamos que a partir do 20 de maio e ata o 19 de xuño poderán solicitar no centro:

  • a participación no Fondo Solidario de Libros de texto (alumnos de 3º a 6º de educación primaria)
  • axudas para adquirir libros de texto (alumnado de 1º e 2º de primaria)
  • axudas para material escolar (para alumnado de 1º a 6º de educación primaria)

Poden solicitar estas axudas a través da aplicación ( preferentemente) https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou presencialmente no centro (pedir cita previa no 886 111 087).

Poden consultar a información completa no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065

 

Distribuir contido


by Dr. Radut