Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

FENÓMENO METEOROLÓXICO ADVERSO

A Comisión Escolar de Alertas tomou a decisión de suspender hoxe, a partir das 12:00 horas as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica do suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral de Pontevedra da Mariña lucense, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100 quilómetros hora que comezará este martes e se prolongará ata as 00,00 horas de mañá mércores. 

En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf ).

 

Charla "Prevención do suicidio infanto-xuvenil

FOANPAS organiza a charla “PREVENCIÓN DO SUICIDIO INFANTO - XUVENIL” o vindeiro martes  30 de outubro no Salón de Actos do IME, sito en Camiño do Chouzo, nº 2(Vigo), ás 18:00 horas.

É unha actividade dirixida ás ANPAS, ás nais e pais e aos docentes dos centros de ensino público, na que se falará da prevención do suicidio nas crianzas, unha circunstancia que nos últimos anos está a aumentar: segundo o INE, cada mes un menor de idade quítase a vida en España e, segundo a OMS, o suicidio é a segunda causa de morte entre os 15 e os 29 anos. Algunhas crianzas chegan a este tráxico desenlace, pero son moitas as que o teñen no seu pensamento.

 

Non queremos mirar para outro lado, hai que abordar o tema e ter ferramentas para evitar chegar a esta circunstancia. Intervirá Manuel Araújo, psicólogo e terapeuta cognitivo – conductual, que ofrecerá ferramentas para previr e detectar conductas de risco.

 

Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com ata o 29 de outubro. Prazas limitadas!!

 

Para facilitar a vosa asistencia contaremos con servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos (previa inscrición e se hai un mínimo de 5 nenos/as anotados/as).

Máis información no arquivo adxunto. 

ATENCIÓN A URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS

A Consellería ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación  desenvolverase no IES Politécnico de Vigo (Torrecedeira, 88  C.P. 36208, Vigo ) os días 12, 19 e 26 de novembro en horario de 16:30 a 19:30.
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 7 de novembro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 30 prazas.
 
Un saúdo
 
A dirección

Benvida ao curso 2018-2019

Benvidos e benvidas ao curso 2018/2019, un curso que se inicia o mércores 12 de setembro ás 9 da mañá. Un curso que se presenta con novidades, sorpresas e moito, moito agarimo.

LISTAXES DEFINITIVAS DE AXUDAS

Achegamos listaxes definitivas de fondo solidario de libros de texto e vales de material escolar e libros de texto.

Un saúdo

A dirección

RECTIFICACIÓN DATAS PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA OS ALUMNOS QUE COMEZAN EN 4º DE E. INFANTIL

- Advertido erro nas datas do período de adaptación. Rectificado a día 11/7/18.

Nos arquivos adxuntos poden consultar a planificación do período de adaptación. Teñen tamén un tríptico con recomendacións para unha mellor adaptación ao centro. A data de reunión inicial coas familias é o día 7 de setembro ás 10:00 da mañá.

Un saúdo

A dirección

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. LISTADO PROVISIONAL

Poden descargar os arquivos adxuntos cos listados provisionais do "fondo solidario de libros de texto" e as "axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar".

  • RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES:4 E 5 DE XULLO

 

  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 6 DE XULLO (na páxina web e no taboleiro situado no recibidor do centro).

 

  • ENTREGA VALES: DO DÍA 9 AO 13 DE XULLO EN HORARIO DE 9 A 14H NA SECRETARÍA.

 

  • ENTREGA LIBROS FONDO SOLIDARIO:7 DE SETEMBRO DE 10 A 14H NAS AULAS. 

Reunión inicial coas familias do alumnado que vai comezar en 4º de Educación Infantil.

 

 Unha vez rematado o prazo de matriculación do alumnado procedemos á elaboración dos grupos dos alumnos que van comezar en 4º de Educación Infantil. Publicaremos nesta páxina, na vindeira semana, o período de adaptación, os grupos, recomendacións de cara ao inicio do curso e a data da reunión inicial coas titoras. Informamos que esta levarase a cabo os primeiros días de setembro.

Un saúdo

A dirección.

CIRCULAR FIN DE CURSO

Os rapaces levaron a semana pasada a circular de fin de curso no que teñen información importante para as familias. Déixoa publicada como arquivo adxunto, por se alguén a necesita.

Aproveitamos a ocasión para desear un feliz verán a toda a comunidade educativa.

 

A dirección

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

Poden consultar no documento adxunto o listado de libros de texto que se van utilizar o curso que vén.

- ERRO ISBN libro de lengua Castellana 6º E. Primaria. Aprender es crecer en conexión. ISBN 978-84-698-0652-4 (Modificado a día 16/7/18)

Un saúdo

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut