Skip to Content

Normalización Lingüística

PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO DO CEIP DE GALÁN 2022

 

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ( EDLG) do centro envíavos a proposta da actividade: Elaboración conxunta dun calendario do CEIP de Galán do 2022, centro-familias.


Para a elaboración pedímosvos que saquedes unha foto paisaxística da zona na que vivides ou dalgunha parroquia dos arredores e a enviedes 
antes do 10 de decembro a: engalego@ceipgalan.org indicando: nome, curso e zona da que se trata.


Entre todas as recibidas seleccionaremos 12 imaxes que conformarán o almanaque de

Galán 2022.

Moitísimas grazas,

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

EXPOSICIÓN CABAZAS SAMAÍN 2020

Estimadas familias,

Deixamos o enlace para que poidades ver as cabazas feitas polo noso alumnado.

Esperamos que vos gusten.

SAMAÍN 2019

O día de hoxe, como todos os anos, celebramos o Samaín coa exposición de cabazas e a visita de Barrionovo ao noso centro.

 

 

 

O alumnado fixo un magnífico traballo.

Moitas grazas pola vosa colaboración e moitas grazas a Escola de Barrionovo pola súa visita.

Feliz Samaín!!  

 

SEMINARIO GALÁN

 

CONCURSO NARRACIÓNS BREVES

Concurso de cómic para conmemorar o día de Rosalía de Castro.

           

         Co motivo da celebración do día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, organizouse

dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un concurso de Cómic sobre a vida da

autora. Estes son os finalistas do concurso:

 

ALDARA PÉREZ PÉREZ 4ºB                                     SARA ZAMARRA SOMOZA 6ºC

 

NEREA ESPARZA VILLAVERDE 6ºC

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut