O venres 10 de maio celebramos a Xornada de Acollida do alumnado que vén para 1ºde Primaria o vindeiro curso.
Asistiron os nenos e nenas das Escolas de Infantil de Barrionovo e Vilarrodís coas súas mestras e familias, e tamén da gardaría Vagalume.
Esperamos que a actividade fose alegre e ilusionante para os nenos e nenas, e por suposto de achegamento ao que vai a ser o seu centro no mes de setembro.
O alumnado realizou na biblioteca do centro un debuxo, que se colgará no taboleiro do hall en setembro, se lles entregou unha camiseta, visitaron unha aula de primeiro, a aula de música, na que coñeceron a Sandra, a mestra de música e cantaron unha canción.
As familias tiveron información do centro da man da directora e xefa de estudos. E xa por último xuntámonos no comedor e pasamos todas e todos xuntos un intre en convivencia.
Foi unha xornada moi agradable. Agardámosvos en setembro!!!