Skip to Content

En Galego

X CONCURSO NARRACIÓNS BREVES

                                                                     CONCURSO NARRACIÓNS BREVES

RECITAL POÉTICO - DÍA DE ROSALÍA

Premede na imaxe para acceder ao vídeo do recital poético levado a cabo no colexio para celebrar o día de Rosalía de Castro.

                                                    ROSALÍA DE CASTRO

DÍA DE ROSALÍA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do CEIP Galán organizan un concurso sobre Rosalía de Castro. Premede nas imaxes para acceder ao cuestionario e ao díptico que contén a información necesaria para responder ás preguntas.

  ROSALÍA DE CASTRO                          Cuestionario Rosalía

O ENTROIDO VÉN DE CAMIÑO NO CEIP GALÁN

O mércores, 24 de xaneiro, deron comezo as actividades de preparación do Entroido deste ano no CEIP Galán, en Oseiro.

Este día o alumnado de Infantil e Primaria tivo a visita de Xurxo Fernández Carballo, felo do concello ourensán de Maceda, ex-alumno deste centro e membro da Sociedade de Felos da Serra de Corga que ano tras ano e Entroido tras Entroido percorren as aldeas de Maceda facendo soar as súas cinco chocas, botando aturuxos e levando diversión a toda a veciñanza.

Xurxo Fernández, vestido co traxe tradicional de felo, fixo un percorrido pola historia da súa vestimenta e os costumes da súa bisbarra.

A exposición estivo apoiada pola proxección de documentais e un colquio cos escolares para satisfacer a gran curiosidade que esperta este personaxe, reminiscencia dos antigos cobradores medievais de impostos.

Quizais o que máis chamou a atención ao alumnado foi a carauta de madeira, e principalmente a mitra, decorada tradicionalmente coa cara dun animal salvaxe e ameazante, neste caso un lobo.

O percorrido do felo entre a rapazada que pasou por algunha das catro sesións celebradas ao longo da mañá no Salón de Usos Múltiples, tamén provocou aplausos e risas e algún que outro pequeno susto entre os máis pequenos.

Esta actividade complementouse coa edición, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dunha unidade didáctica sobre os felos de Maceda que se pode visualizar e descargar nesta páxina web e na páxina web da SXPL  da Xunta de Galicia.

Con esta actividade dáse inicio á programación do Entroido no CEIP Galán que pasará polos xa tradicionais mandadiños durante a semana do 5 ao 8 de febreiro, a confección de máscaras e disfraces, a exposición de carautas de felos nos corredores do centro e o Desfile de Entroido do día 9 de febreiro con todo o alumnado por Oseiro, caracterizado baixo a denominación de "Patrimonio Cultural Galego".

Todo un reto para a imaxinación!

Podedes ver fotos do felo de Maceda na Galería.

ENTROIDO 2018

Xa tedes á vosa disposición o material relacionado co Entroido. Premede nas imaxes para acceder aos contidos.

                                 ENTROIDO 2018                    O FELO

SAMAÍN 2017

Un ano máis celebramos no colexio o Samaín. O luns 30 e o martes 31 trouxo o alumnado as cabazas elaboradas na casa coa colaboración das familias. Entregouse a cada participante un agasallo modelo Samaín 2017.

Ao longo de toda a semana anterior proxectáronse vídeos sobre o Samaín na Sala de Audiovisuais.

Ademais, o profesorado decorou a planta baixa do colexio con motivos pavorosos elaborados polo alumnado.

O martes apagáronse as luces do recibidor e prendéronse as candeas das cabazas. Ese día recibimos a visita do alumnado da escola infantil de Barrionovo.

Podedes ver no Vídeo as cabazas máis terroríficas de Oseiro!

MATERIAIS PARA O SAMAÍN

Premede nas imaxes para acceder aos materiais do Samaín 2017; materiais elaborados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en base a textos escritos polo alumnado do colexio. 

          MATERIAIS SAMAÍN 2017                   

I CONCURSO CONTOS DE MEDO. SAMAÍN, 2017.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o I Concurso de contos de medo, coincidindo coa celebración do Samaín.

Neste concurso poderá participar todo o alumnado do centro, de xeito individual ou en equipo.

Os relatos gañadores serán publicados a finais de mes na Unidade Didáctica, Samaín, 2017 e publicados na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación de obras remata o mércores, 11 de outubro e serán depositados no monstro azul colocado no recibidor do colexio.

AS NOSAS COUSAS Nº35

Premede aquí para acceder ao último número da revista do noso colexio.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017 - 2º PASE

Xa están listos os vídeos e as fotos das actuacións do segundo pase do Festival das Letras Galegas celebrado o día 16 de maio no noso colexio.

A continuación enumeramos as diferentes actividades:

  • Recitado de poesía (alumnado de 5º e 6º)
  • Canción galega "Eu queríame casare" (4ºA)
  • Canción galega "Collín toxos e flores" (4ºB)
  • Canción galega "Catro vellos mariñeiros" (4ºC)
  • Teatro "A consulta" (alumnado de 5º)
  • Cantamos todas e todos co mestre de música, Miguel.
  • A obra de teatro "A galiña azul" de Carlos Casares (2ºC)
  • Actuación de nenas pandereteiras de diferentes cursos.

Na Galería hai fotos do festival.

Premede na imaxe para acceder ao canal de youtube e ver os vídeos.

                                                                                       LETRAS GALEGAS 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut