Para poder comunicarvos co centro e o centro con vós, instalade a Aplicación AbalarMóbil (No adxunto tedes as indicacións de instalación da aplicación).
Cómpre que accedades á esta páxina para ir vendo novas e actividades que se celebran no centro. Na galería iremos colgando as fotografías dos actos e celebracións.
ENTRADAS:
Servizo de mañanceiros, desde as 7.00 - 8.50. Organizado polo Concello de Arteixo.
Entrada pola mañá, a partir das 8.50 horas. Haberá profesorado de garda nos accesos de infantil e primaria.
Se se chega máis tarde das 9.05, peche do centro, a familia ou persoa acompañante ten que acceder co alumnado ao interior do centro, conserxería, e asinar a chegada tarde e xustificar a falta de puntualidade ao profesorado titor.
Se o alumnado se incorpora a media mañá o o recolledes no centro, é o mesmo, asinar a recollida e xustificar a falta.
SAÍDAS:
A saída é ás 14.00 horas. O alumnado de comedor ten dúas quendas de saída, 15.20 e 15.50 h. O alumnado de comedor entregarase na porta do hall da entrada ao centro, as familias accederán ata este hall.
ASISTENCIA:
É necesario xustificar as faltas de asistencia ao centro. Se hai 3 faltas de asistencia sen xustificar procederase ao inicio do protocolo de absentismo. As faltas de puntualidade serán contabilizadas tamén.
PRIMEIRO DÍA DE CLASE:
O alumnado de Educación Infantil accede polo seu patio ata as aulas correspondentes acompañado de profesorado de garda.
O alumnado de 4º de Educación Infantil entra en distinto horario acompañado das súas familias ata a propia aula.
O alumnado de 1º de Educación Primaria accederá coas súas familias ata o hall exterior do centro. Chamarase según o curso: 1º A ou 1º B e incorporanse a cada aula co profesorado titor.
O resto de alumnado de Educación Primaria accede ao patio exterior. Chámanse por grupos e suben ás aulas co profesorado titor.
COMEDOR
O servizo de comedor abrangue de 14.00 horas a 15.50 horas. Da organización e servizo informarase proximamente. Estanse rematando as obras do espazo de comedor.
ACTIVIDADES EXTRESCOLARES
De 16.00 a 18.00 organizadas polo Concello de Arteixo.