Alumnado de 5º e as súas familias teñen unha charla informativa sobre o uso seguro das redes sociais. O alumnado en horario de mañá, luns día 5. As familias en horario de tarde.
Imparte persoal da Garda Civil (Plan Director para a convivencia nos centros).
O centro xa conta co servizo de madrugadores de luns a venres dende as 7:30 horas da mañá. Pode ser con almorzo ou sen el. Organiza a Asociación de Nais e Pais do colexio.