Skip to Content

Información familias

DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

PARA A AULA

 

 

PARA A FAMILIAS

MODELOS EDUCATIVOS

AMBIENTE FAMILIAR

Moitos pais e nais non son conscientes de que, cando discrepan sobre como educar aos seus fillos, están creando un ambiente familiar competitivo. Os país e nais que están de acordó en como educar aos seus fillos están creando un ambiente familiar colaborador.

CREAR UNHA BOA AUTOESTIMA

TODO TEN UN COMEZO...VIAXE A CÓRDOBA

Como todo ten un comezo...non vos perdades este vídeo no autobús de camiño a Córdoba co alumnado de sexto.

Na galería están as fotos da viaxe que vos traerán moitísimos recordos. Esperemos que vos gusten!

Picade na ligazón e tedes o acceso:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=159

O CEIP DE GALÁN RECIBE O PREMIO DO 9º CONCURSO DE MAIOS DO CONCELLO DE ARTEIXO

O CEIP de Galán foi premiado co premio de maio artístico no 9º concurso de Maios do Concello de Arteixo. Recibiu o premio a directora do centro, Mª Concepción Sánchez Vaamonde, en nome da comunidade educativa. O acto de entrega celebrouse o 24 de maio de 2024 na Praza do Balneario ás 13.00 h.

Agradecer novamente a todas as persoas da comunidade educativa que colaboraron na súa confección, na confección de "JALANA AO CARRO".

PARABÉNS!!! e grazas á Concellería de Cultura do Concello de Arteixo.

 

VI CERTAME O VELLO DOS CONTOS

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou no  VI Certame o vello dos contos coa elaboración dun podcast.

Foi coordinado pola mestra María Berini.

Preme aquí para escoitar o Podcast.

COORDINACIÓN IES DE PASTORIZA

Para facilitar a transición do alumnado de 6º de Educación Primaria ao IES de Pastoriza, dende o centro, e, en coordinación co instituto, lévanse a cabo as seguintes actividades:

- Reunión entre as xefaturas dos respectivos departamentos de orientación.

- Visita ao IES de Pastoriza polo alumnado de 6º. Data 22 de maio de 10:40 a 11:30.

- Reunión coas familias no CEIP de Galán. Data 27 de maio ás 16:45.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut