Skip to Content

ENTROIDO 2016

Ao longo da vindeira semana faremos os "Mandadiños"; cada día viremos ao colexio cun adorno determinado. Os adornos son acumulativos; é dicir, o luns traeremos un atavío, o martes traeremos o atavío do luns máis outro, e así sucesivamente.

Na entrada principal xa está o esqueleto do colexio para indicarlle ao alumnado o que hai que levar cada día.

                                                            

 

 Neste luns invernal

Se queres vivir con gozo

Non esquezas adornar

con xeito o teu pescozo


Se queres subir moi alto

E viaxar o martes á lúa

Non esquezas a importancia

De adornar a túa cintura


O astronauta na nave 

Caerá do revés

Se o mércores non traes

Algo nos pés

Dixeron as estrelas 

A lúa e o ancho mar

Que o xoves na cabeza

Algo debes levar

                                                     

 

 O venres 5 de febreiro celebraremos o entroido cun desfile fóra do colexio, se o tempo acompaña. Este ano, a temática dos disfraces dos diferentes cursos será a multiculturalidade. Encabezarán o desfile as nenas e os nenos de 6º de Primaria e irán saíndo detrás os diferentes niveis ata Infantil.

No caso de chover faremos un desfile alternativo polos corredores do colexio.

Ao longo da semana soará pola megafonía do colexio o tema "O antroideiro" de Paco Nogueiras.

 



page | by Dr. Radut