Skip to Content

Samaín 2014

Un ano mais celebramos no colexio o Samaín. O luns empezou o alumnado a traer as cabazas elaboradas na casa coa colaboración das familias. Varios alumnos e alumnas de 6º de Primaria axudaron aos participantes a colocar as cabazas no recibidor e repartiron agasallos.

Ao longo de toda a semana proxectáronse vídeos sobre o Samaín na Sala de Audiovisuais, ambientada como Sala do Medo polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares; vídeos como: "Corre, corre cabaciña" de Almudena Janeiro; a montaxe "O Samaín" do mestre Francisco Guitián; a montaxe "Os Bolechas e os Calacús" elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio.

Durante as entradas, as saídas e nos recreos escoitamos a canción "Corre, corre cabaciña". Ademais, os diferentes corredores do colexio decoráronse con motivos horripilantes e aterradores.

"Non vin vella nin velliña

nin velliño nin vellón

corre corre cabaciña

corre corre cabazón"

Para rematar a semana, o xoves apagáronse as luces do recibidor e prendéronse as candeas das cabazas.

Podedes ver no Vídeo as cabazas mais fantásticas de Oseiro!

E tamén tedes na Galería unha selección de fotos das cabazas e da Cova do Medo.

 



page | by Dr. Radut