Skip to Content

OS MANDADIÑOS DO MECO

Como o luns festexamos

que o entroido está por chegar

unha prenda do revés

no teu corpo tes que levar...

sexa de enriba para abaixo

ou "cudediante" para atrás.

Atentos nenos e nenas

que mañá é "martes chef"

algo para ser cociñeiro

ti posto tes que traer.

O mércores que está no medio

soamente che da unha pista

que tes que traer ao cole

algo para ser deportista.

E o pobriño do Meco

xa se cansa de mandar

só lembrarte que este xoves

a túa cara adornarás.



story | by Dr. Radut