Skip to Content

OBRADOIROS MATEMÁTICOS CO ALUMNADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O venres día 5 de decembro o alumnado do 3º curso do Grao en Educación Primaria da UDC veu ao colexio a desenvolver uns talleres sobre xeometría manipulativa co alumnado de 3º e 4º de EP. Traballaron os conceptos das figuras xeométricas e representaron debuxos e formas coas pezas do Tangram.

Tedes as imaxes da actividade na GALERÍA.

Moitísimas grazas ao profesorado e alumnado da Universidade de A Coruña pola súa colaboración co centro!



story | by Dr. Radut