Skip to Content

Inicio PROA

CONTRATOS- PROGRAMA

No mes de febreiro comezamos o " Programa de reforzo escolar PROA" no centro, destinado a reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudo e propoñer formas de trabalo eficaces no alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Contamos con dous grupos de luns a xoves polas tardes de 16.00 a 18.00,  cunha docente nomeada pola Consellería e transporte gratuíto para o alumnado ( Empresa M. García).

O centro tamén solicitou, e foron concedidas, outras dúas modalidades dos contratos- programa: " Mellora da competencia matemática" coa finalidade de priorizar as accións para a mellora da competencia matemática, para todo o alumnado de 1º e 2º de Primaria; e " Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros", destinada a favorecer aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa.



story | by Dr. Radut