Skip to Content

Última hora

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Comezou o periodo de formalización da matrícula para o novo alumnado.

Haberá que cubrir:

Documento de formalización de matrícula

 

 


VOLTA AO COLE

 

 back to school

O vindeiro xoves, 9 de setembro, as portas das aulas abriránse de novo, para iniciar un curso cheo de ilusión, esforzo, ganas de aprender, superarse e crecer.

Para este primeiro día, temos organizado un horario de entrada extraordinario, que imos establecer do seguinte modo:

CURSO HORA ENTRADA PORTA ACCESO

5º e 6º de Educación Infantil

(4 y 5 años)

9:10

Portalón comedor

(patio cuberto)

1º de Educación Primaria 8:50

Portalón principal

(patio de educación vial)

3º de Educación Primaria 9:00

Portalón principal

(patio de educación vial)

5º de Educación Primaria 9:10

Portalón principal

(patio de educación vial)

2º, 4º e 6º de Educación Primaria 9:20

Portalón principal

(patio de educación vial)

 

Lembramos que, debido ao protocolo Covid-19, non está permitido o acceso das familias ao interior do recinto escolar, polo que os nenos e as nenas, serán recollidos é guiados polos/as mestres/as no portalón de acceso que lles corresponda.

Non esquezades que o resto dos días do ano académico, debemos axustarnos ao horario ordinario, o cal vos indicamos recentemente na carta de benvida ( documento adxunto)

Por último, para comezar o novo curso 2021-2022, todo o alumnado debe levar na súa mochila as seguintes pertenzas:

 

ALUMNADO INFANTIL ALUMNADO PRIMARIA

unha merenda saudábel

unha botella de auga

unha máscara de resposto

calzado “tipo crocs”

unha muda

 unha merenda saudábel

unha botella de auga

unha máscara de resposto

un estoxo con útiles básicos

(lápis, goma, afialapis, cores etc)

 

 

 

Un cordial saúdo.

O Equipo Docente do C.E.I.P. Plurilingüe Frián-Teis

Distribuir contido