Skip to Content

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS TRABALLAMOS CON...

Caricatura de Ramón Piñeiro 

Paseniño, paseniño, temos chegado ao Mes de Maio: o mes no que florecen as máis fermosas das flores, e o mes no que a nosa lingua, o Galego, reverdece. 

Cada 17 de maio festexamos o Día das Nosas Letras, o Día das Letras Galegas. Como non adicarlle un día especial á nosa Lingua Nai...?

A continuación, presentámosvos un montón de recursos para celebrar o Día da Nosa Lingua como se merece. 


 

Cartel Conmemorativo do Día das Letras Galegas 

 

 

Comencemos polo propio Día das Letras Galegas. Que sabes del?

Neste enlace de Vieiros na Escola coñecerás todo sobre esta data tan senlleira.

   
 moucho frianon galeguizado

 Iso de lle adicar un día especial ás persoas e ás cousas que queremos está moi ben: o Día do Pai, o Día da Nai, o Día das Letras Galegas...

 Pero os nosos pais son pais todo o ano. E o galego tamén é a lingua de noso todo o ano. Por iso, se premes na foto adxunta, podes atopar un montón de actividades sobre lingua galega (vocabulario, normas ortográficas, soupas de letras, encrucillados...) que teñen preparado os especialistas de Galego do noso Centro. E, ademais, como están elaboradas con ferramentas informáticas, non necesitarás libro, nin papel, ni lápis.

Deixate aprender por Frianciño!

 

IMPORTANTE: Estas actividades empregan tecnoloxía "Java". Se non podes ver as actividades  instala o plugin de Java da páxina de Sun microsystems.

 

Ramón Piñeiro 

Este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro. Neste vídeo poderás saber algo sobre a súa vida.

 

Retrato de Ramón Piñeiro 

 

Para centrar máis o que tes aprendido, podes consultar esta liña do tempo elaborada pola nosa compañeira Julia González, do C.E.IP. Mestres Goldar, de Vigo

   

 

 

  Na páxina web do Seminario Galán poderás atopar un monográfico e diferentes actividades en liña e para imprimir sobre Ramón Piñeiro.
   
 
Caricatura de Ramón Piñeiro

 

 

Por último, aquí tes un traballo de investigación elaborado pola nosa compañeira de PLAMBE Olga Rodríguez Díaz, do C.E.I.P. Milladoiro, de Malpica

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil contamos moito, e tamén queremos celebrar o día da nosa lingua. Mirade que recursos máis chulos hai para nós! 

 


 Moucho Frianciño  

As nosas mestras de Infantil teñen traballo moito. En colaboración co Equipo de Normalización Lingüística e con Frianciño, teñen elaborado para nós esta fantástica unidade didáctica sobre Ramón Piñeiro.

 

     

blog casa de tolos

 

 O blog da nosa compañeira Belén ofrécenos esta vez uns contos,para os máis pequenos, con actividades estupendas, feitas con LIM. A que esperas...!!!

 QUERIDO ZOO

A PORQUIÑA URBANA 

 

     
 Toupiña  

 A profe Naiara Castillo do CEIP de Viñas en Poio (Pontevedra) ofrécenos este precioso conto.

 

 A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER...

 

 

O 17 de maio é un día de festa: é o Día da Nosa Festa. Non cres que deberíamos vestir "de domingo" e animala cun pouco de música...?

 

Traxe tradicional feminino

 

 

 

Sabes algo sobre o traxe tradicional galego?

En Vieiros na Escola poderás atopalo todo.

   
Ricardo Portela

 

 

 

O instrumento insignia do noso folclore é a gaita galega. E un dos máis lendarios gaiteiros, Ricardo Portela. Aquí o tes tocando a famosa Muiñeira de Chantada

   

 

 

 Carlos Núñez  

 

A nosa música tradicional estase a renovar con novos músicos e novos sons. 

Neste vídeo poderás escoitar a un dos nosos gaiteiros máis internacionais (Carlos Núñez) tocando tamén a Muiñeira de Chantada, esta vez, en versión folk, e acompañado por un dos máis prestixiosos grupos de música irlandesa: The Chieftains. Aproveita para descubrir as diferenzas entre a gaita galega e a gaita irlandesa!!! 

 

     

Susana Seivane

 

 

 

As mulleres non son alleas a esta renovación: aquí tes a Susana Seivane, herdeira dunha famosa familia de luthiers, que toca tamén a súa versión da Muiñeira de Chantada. 

     

 

Que tal se, despois de tanto bailar, tamén cantamos...? Canta connosco e con eles!!!

 Chocolata

 

Coñeces o conto de Chocolata...? Aquí tes a canción que lle ten adicado Almudena Janeiro.

 

   

 

 

 Malvela

 

Malvela son un grupo de avoas de Mos que teñen feito unha grande laboura de recollida. Aquí as tendes cantando unha animada canción: O Pirimpimpín.

   

 

Señora Carme 

 

A Señora Carme, a "alma mater" de Malvela, non ten vergoña. Mira que divertido o vídeo de Arao!!!  

   

 

Migallas 

 

Migallas, esa parella que tanto está a facer e tan ben no mundo da Animación á Lectura, cantan neste vídeo Debaixo da figueira

   

 

Meniños Cantores na Ponte Internacional de Tui 

 

Os nenos e nenas das escolas de Galicia temos moito que dicir neste mundo, e, ademáis, témolo que dicir en galego. 

Para reclamar a consideración da riqueza oral galego - portuguesa como Patrimonio da Humanidade, gravamos o disco Meniños Cantores. Aquí tendes o tema promocional, Máis perto, gravado na Ponte Internacional de Tui.

   

 Carátula de Meniños Cantores

 

O galego tamén queda ben rapeado. Podes comprobalo neste vídeo: Eles non poden ver, interpretado polos alumnos e alumnas do C.P.I. Cova Terreña, de Baoina.

   

Operación Can 

 

E que podemos facer nós pola Ecoloxía...? Cantar...! En galego! Do disco elaborado a partires das aportacións dos alumnos e alumnas dos colexios e institutos galegos, aquí tedes o tema titulado O Ceo  

   

Como estarás a comprobar, o galego é unha lingua ben viva, e para nada allea ás novas tecnoloxías. É unha lingua de cine.

A continuación, grazas á nosa benquerida compañeira Julia González, do C.E.I.P. Mestres Goldar, de Vigo, temos descuberto estas magníficas curtametraxes realizadas por cineastas da Algarabía Animación sobre relatos curtos de escritores aos que, en anos anteriores, estivo adicado o Día das Letras Galegas. Disfruta deles e... Descubre cal é o teu preferido!!!

 Alistán, o demo oveiro

 

 

 Alistán, o demo ovelleiro (sobre un conto de Alvaro Cunqueiro)

   
 A xaguarana

 

 

A xaguarana, sobre un escrito de Antón Avilés de Taramancos

   
 A escola das areas

 

 

A escola das Areas (Frai Martín Sarmiento)

   
  Good night, mon ami

 

 

Good night, mon ami (sobre un conto de Castelao)

   
Meigallos, sombras e papas de arroz 

 

 

Meigallos, sopas e papas de arroz (Eladio Rodríguez González)

   

 Os defuntos falaban castelao

 

 

Os defuntos falaban castelao (sobre un relato de Anxel Fole)

   
Ignotus

 

 

 

Ignotus, a partir dun relato de Manuel Murguía

 

E... despois de todo isto... aínda pensas que o galego é unha lingua minoritaria, e que non paga a pena falalo...? Fala galego! Dicímoscho nós e díncho os mellores poetas da nosa lingua!

 

Migallas 

 RAP DA LINGUA

 Dende o C.E.I.P. Mestre Martínez Alonso, de Mos, Yolanda Fontán achéganos esta montaxe sobre o Rap da Lingua, do grupo Migallas, incluido no seu C.D. Canta connosco!

 En galego! Si, si, en galego!!! 

   

 Celso Emiiio Ferreiro

 DEITADO FRENTE AO MAR 

 Tamén dende o C.E.I.P. Mestre Martínez Alonso achégannos este poema de Celso Emilio Ferreiro, rapeado polo grupo Dios que che crew.

 Como Celso Emilio, nós tamén queremos falar galego porque nos peta, porque queremos, e porque nos da a gana. 

   

Comentarios

Curtametraxes do Día das Letras Galegas

Hola amigos:
Somos Virginia Curiá e Tomás Conde, autores das sete cusrtametraxes de animación con plastilina das que facedes mención na vosa páxina. Queremos decirvos que estamos moi ledos de aparecer nela e de que noso traballo teña difusión en centros escolares, pois esa era unha das nosas intencións cando os fixemos. Solo unha aclaración, nos non pertencemos a Axencia Audiovisual, a nosa productora chámase Algarabía Animación e fixemos as curtas con axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A Axencia Audiovisual xestiona as obras subvencionadas pola Xunta.
Se queredes saber mais sobre nos podedes facelo en http://algarabia-plastilina.blogspot.com
Apertas.
Tomás e Virginia.



page | by Dr. Radut