Os Equipos de Biblioteca e de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (T.I.C.s) convocan este concurso coa pretensión de que as familias do noso alumnado sexan tamén partícipes do Proxecto Documental Integrado que estamos a traballar este curso: a Reconquista da cidade de Vigo aos franceses.
Os obxectivos desta actividade son, por unha banda, facer partícipe a toda a Comunidade Educativa das actividades propostas polo Centro; e, por outra, introducir ás familias no mundo das Novas Tecnoloxías, no que o Centro está tan volcado.
O tema proposto é Un paseo polo Casco Vello de Vigo.
O prazo para entregar as vosas fotografías remata o mércores 15 de abril de 2009.
Forma de entrega:
- A través do correo electrónico, a dirección:
facendofamiliaenfrian@gmail.com
- En formato papel ou dixital (pen drive) entregándoo persoalmente á Coordinadora T.I.C.
As fotografías seleccionadas formarán parte:
- dunha presentación na páxina web do noso cole, onde poderán ser votadas polos internautas;
- coa fotografía gañadora diseñaremos un cartel publicitario que se exhibirá durante a Festa - Exposición que organizaremos durante o mes de maio.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A FACER FAMILIA EN FRIAN!!!