Skip to Content

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR: UN PASEO POLO CASCO VELLO DE VIGO

Imaxe do Casco Vello de Vigo 
 
 
Os Equipos de Biblioteca e de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (T.I.C.s) convocan este concurso coa pretensión de que as familias do noso alumnado sexan tamén partícipes do Proxecto Documental Integrado que estamos a traballar este curso: a Reconquista da cidade de Vigo aos franceses.
 
 
Os obxectivos desta actividade son, por unha banda, facer partícipe a toda a Comunidade Educativa das actividades propostas polo Centro; e, por outra, introducir ás familias no mundo das Novas Tecnoloxías, no que o Centro está tan volcado.
 
O tema proposto é Un paseo polo Casco Vello de Vigo.
 
O prazo para entregar as vosas fotografías remata o mércores 15 de abril de 2009.
 
Forma de entrega:
  • A través do correo electrónico, a dirección:


facendofamiliaenfrian@gmail.com

  • En formato papel ou dixital (pen drive) entregándoo persoalmente á Coordinadora T.I.C.

As fotografías seleccionadas formarán parte:
  • dunha presentación na páxina web do noso cole, onde poderán ser votadas polos internautas;
  • coa fotografía gañadora diseñaremos un cartel publicitario que se exhibirá durante a Festa - Exposición que organizaremos durante o mes de maio.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A FACER FAMILIA EN FRIAN!!!


page | by Dr. Radut