Por fin chegou o gran día para o alumnado de 6º . Todos e todas estaban nerviosísimos/as. Chegaron ás seis da tarde e unha marea laranxa, en compañía do noso ben querido Frianciño, súbese ao tren para visitar ós nosos compañeiros e compañeiras do Proxecto Arce.
Momento da saída
A continuación podedes ver algúns momentos da viaxe.
As butacas eran moi cómodas, as ceas eran estupendas pero...non había moitas gañas de durmir.
Ben cediño chegamos ó Camp de Tarragona, alí esperábanos un autobús que nos levaría á Casa de Colonias Marinada. E...sorpresa, os compañeiros e compañeiras de Alcázar de San Juan xa estaban esperando.
Repartimos as habitacións, tomamos un almorzo e rapidiño para a praia...que boa estaba a auga!!!!! Despois tocaba repoñer forzas e pola tarde á piscina.
A media tarde, chegaron os amigos/as de Gijón. Pola noite festa de benvida cos compañeiros/as de Reus. Por fin cara a cara, intercambio de agasallos e moitas cousas que contar.
Comentarios
A "Marea Laranxa" invade Barcelona.
Por comentarios dalgún coñecido que vos veu en Barcelona parece ser que era todo un espectáculo ver a marea laranxa pola cidade condal. Creemos que vos gustou moito esta excursión (parque Güell, Sagrada Familia, Nou Camp... ) pero sobre todo a alucinante exposición do "Bosque Inundado".
Noraboa ó equipo organizador polo traballo tan ben feito. Grazas.
Seguídeo pasando tan ben como ata agora !!!
Belén e Coni
Para empezar non está nada mal
Que envexa de praia con auga quente! Profes, relaxádevos e disfrutade vós tamén que con esa oleaxe non afoghan. Bicasos atlánticos.
Alberte e María
a laranxada
Aproveitadeo e pasadeo ben. Biquiños e apertas.
Jose Carlos,Candi e Laura.
visita a Reus
Quen me dera estar no medio vosa. Pasalo ben
karllankas.
A Pasalo ben
Aproveitade e pasalo moi ben, Unha aperta e portadevos ben.
Carlos.
Viva a marea laranxa!
Viva a marea laranxa! Estades guapísimas e guapísimos. Dende logo ir ides coma rosas, agora vir .... Supoño que como laranxas pachurrías por fóra, pero cheas de zume novo por dentro. Moitos bicos dende Vigo.
Alberte e María
Estais todos guapisimos, nos
Estais todos guapisimos, nos alegramos de que el viaje fuese confortable. lo de las ganas de dormir era predecible.
Esperamos lo sigais pasando bien.