O venres, 20 de maio, o alumnado de 6º, acompañados polas nosas titoras, realizamos a 2ª parte da actividade sobre Educación Vial, no Castro, levada a cabo por membros da Policía Local de Vigo.A primeira foi realizada dentro da aula fai uns meses.
Despois da viaxe en autobús urbán, recibíronnos alí, moi amablemente, o Policía “Tucho” e outra compañeira Policía.
Primeiro, lembráronnos as importantes normas para poder aprender divertíndonos e para que a actividade fose ralizada axeitadamente.
A continuación, fixemos dous grupos. Mentras un dos grupos recibía información teórica e ralizaba un test para poder obter o “Carnet Bici” dentro dunha aula, o outro grupo poñía en práctica o de circular en bicicleta pola pista, que imitaba circular pola cidade, respetando rigurosamente as normas e sinais de circulación.
Antes de coller a nosa “bici” e circular, tivemos que poñer chaleco
e casco. Circulabamos en equipos de 4, diferenciados por unha das tres cores do chaleco.
Esta actividade resultou moi intresante porque aprendemos divertíndonos, porque era ao aire libre, nun lugar precioso, pola experiencia de viaxar en autobús urbán e montar en “bici” (para algúns era a 1ª vez) e porque, a partir de agora, evitaremos accidentes circulando neste medio, para iso conseguimos o noso 1º “Carnet Bici”!!!
Unha vez máis, grazas a tódalas persoas que fan posible que estas actividades se leven a cabo. Moitas grazas!
6º A e B