Skip to Content

Blogues

As árbores de O Casal

O alumnado de 6º preparou un roteiro botánico coas especies arbóreas e arbustos máis importantes da contorna. E para isto dividiron a todo o alumnado do cole en grupos e fixeron una ruta guiada  por tódolos arredores do centro, onde o alumnado puido observar todas esas especies arbóreas, escoitar as explicacións do alumnado e aprender a identificalas eles mesmos.
É a primeira vez en todos estes anos que a exposición dun proxecto se fai fóra do espazo da biblioteca. Estamos orgullosos de que a información se descentralice, que saia da biblioteca, que se adapte e se traslade en función dos temas de estudo.  

 

 

 

"As catro estacións"

20 "As catro estacións" from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

"As catro estacións" é a visión do alumnado de 6º de educación infantil das catro estacións anuais. Traballo que englobou arte e música. Primeiro falamos das características de cada período. Despois, mentres escuitabamos a obra de Vivaldi, debuxamos o que nos suxería cada unha. E este foi o resultado. Uns verdadeiros artistas!

En abril... libros mil!

20 En abril... libos mil! from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

Vídeo-resumo das actividades realizadas no colexio Feliciano Barrera co gallo do Día do Libro. Abril 2017.

IMPORTANTE: Libros de texto e material escolar.

Premendo en "3 arquivos adxuntos", podedes consultar información relevante sobre as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2017-2018.

 

Prazo de presentación das solicitudes: do 23/05/2017 ao 23/06/2017 (prégase entregalas o antes posible).

Un saúdo.

Secretaría.

 

 

*

Carlos Casares: Letras Galegas 2017

19 Letras Galegas 2017: Carlos Casares. from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

Vídeo-resumo da "Ximcana" para trabalhar o autor homenaxeado no Día das Letras 2017. Gravado o 16 de maio de 2017. Colexio Público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
“A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos”. Carlos Casares Mouriño.

Distribuir contido


by Dr. Radut