A concellería de Cultura entregou os premios do concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”
Kirk Groba Lefevre, da nosa escola, é un dos gañadores
A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, entregou no auditorio municipal os premios do II concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”, enmarcados na programación dos actos e actividades con motivo do mes da ilustre escritora Rosalía de Castro.
Os centros educativos de Ponteareas participaron, un ano máis, neste concurso que pón en valor a figura
da pensadora e poetisa galega e promove o coñecemento das e dos nosos persoeiros símbolo de defensa
do pobo galego e da nosa lingua.