Skip to Content

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

O venres 23 lembramos esa data no colexio sumándonos a campaña “En negro contra as violencias”.  Aquí vos deixamos unha foto e un fragmento adaptado dunha das cancións que escoitamos ao longo desta semana:

Palabra de muller (BEBE)

Ela cansouse de tirar a toalla.
Vai quitando pouco apouco “tearañas”.
Non durmiu esta noite, pero non está cansa.
Non mirou ningún espello, pero síntese guapa.
 
Hoxe, ela puxo cor nas súas pestanas.
Hoxe gústalle o seu sorriso, non se sinte estraña.
Hoxe soña o que quere sen se preocupar de nada.
Hoxe é unha muller que se da conta da súa alma.
Hoxe vas descubrir que o mundo é só para ti,
Que ninguén che pode facer dano.
Hoxe vas comprender que o medo se pode romper cun só portazo.
....
Hoxe vas ser a muller que che de a gana ser
Hoxe vaste querer como ninguén che soubo querer
Hoxe vas mirar para adiante que para atrás xa che doeu bastante.
Unha muller valente, unha muller sorrinte.
......
Hoxe vas conquistar o ceo sen mirar o alto que queda do chan.
Hoxe vas ser .... feliz!

 

CURSO ATENCIÓN ÁS URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS (A CORUÑA)

Pincha na imaxe para obter máis información sobre o curso presencial de balde que ofrece o Centro de Formación e Recursos de A coruña:

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

Segundo a Resolución  conxunta  do  25  de  setembro  de  2018  da  Dirección  Xeral  de  Recursos Humanos  e  da  Dirección  Xeral  de  Educación,  Formación Profesional  e  Innovación  Educativa que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros   docentes   sostidos   con   fondos   públicos iníciase o proceso de renovación parcial.

No noso centro procede a renovación parcial de dous membros da representación das familias e de tres membros da representación do profesorado.

Pincha na imaxe para máis información:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut