Seguindo as instrucións da Consellería, avaliarase o segundo trimestre do curso co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais, o día 13 de marzo de 2020.
O vindeiro venres 3 de abril, ás 10 da mañá, publicaremos as cualificacións dos vosos fillos e fillas. Teredes acceso ás mesmas na aplicación AbalarMóbil (tedes na marxe dereita un vídeo que explica como descargala no voso móbil android ou apple).
Se no momento de introducir o número de teléfono non volo recoñece, o máis probable é que sexa debido a que non está actualizado no XADE. Nese caso, enviade un correo ao centro para actualizalo (ceip.emilio.gonzalez@edu.xunta.gal).
Durante as vacacións de Semana Santa, do luns 6 ao luns 13 de abril de 2020, non se enviarán tarefas novas ao alumnado.