Skip to Content

REMATE DO 3º TRIMESTRE E DO CURSO

O vindeiro venres día 19 de xuño rematará o presente curso escolar, de modo que esta semana tamén será a última na que se envíen tarefas ó alumnado, pois chegan as tan preciadas e máis que merecidas vacacións.

A entrega de notas e materiais do alumnado será nas datas que se indican, previa cita concertada por parte dos/as titores/as con cada familia:

- Educación Infantil: luns 15 e mércores 17.

- 3º e 4º Educación Primaria: venres 19 e luns 22.

- 5º e 6º Educación Primaria: venres 19 e luns 22.

- 1º e 2º Educación Primaria: martes 30.

AGRADECEMENTO ÁS PERSOAS QUE CONFECCIONARON E NOS DOARON MASCARILLAS

Queremos agradecer a tódalas persoas da Comarca do Carballiño que confeccionaron mascarillas de tea e nolas doaron para nenos/as e mestres/as, as cales nos serán de moita utilidade o vindeiro curso.

Moitísimas grazas!

LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA O CURSO 2020/2021

A totalidade do alumnado que solicitou admisión no centro para o vindeiro curso está ADMITIDO.

AGRADECEMENTO A CORREOS DE LEIRO

O profesorado do colexio de Leiro estamos moi agradecidos ós traballadores de Correos da oficina de Leiro que reparten as tarefas impresas ó alumnado nestes tempos difíciles.

Moitísimas grazas!

COÑECEMOS A RICARDO CARVALHO CALERO

Coñecedes ó escritor Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano na festividade das Letras Galegas?

Se non o coñecedes, estade moi atentos porque os nenos e nenas do cole de Leiro ensínannos quen é, a súa obra, trazos da súa vida...

(Ver imaxes na galería - curso 2019/2020 -letras galegas)

Distribuir contido


by Dr. Radut