Skip to Content

COMEZO DAS CLASES

O alumnado de 3 e 4 anos e 1º, 2º e 3º de Primaria comezará as clases o xoves día 10, mentres que o alumnado de 5 anos e 4º, 5º e 6º de Primaria farao o venres día 11.

O horario do centro como sabedes será de 9:30 a 15:30 horas ó longo de todo o curso.

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID-19

Dende o equipo do centro informámosvos de que estamos redactando o protocolo de actuación para a nova situación producida pola Covid-19.

Nel recolleranse tódalas medidas establecidas no noso colexio e en breve farase chegar a toda a comunidade educativa (antes do inicio das clases).

Manterémosvos informados/as.

Por este motivo e debido á gran carga de traballo, pedímosvos que non acudades ó centro nos vindeiros días (1-3 de setembro) se non é estritamente necesario e que calquera consulta a fagades a través do correo electrónico ou do teléfono.

HORARIO DO CENTRO ENTRE OS DÍAS 1 E 9 DE SETEMBRO

Dende o día 1 de setembro o centro permanecerá aberto de 10:00 a 13:00 horas.

Por favor, se necesitades acudir a el, chamade antes para poder ser atendidos/as á maior brevidade posible a través de cita, xa que este comezo de curso traerá consigo moito traballo e o profesorado e dirección estaremos inmersos na elaboración e posta en marcha do Protocolo Covid e na organización do proceso educativo en si.

E recordade extremar tódalas precaucións: uso de máscara, hixiene de mans e distancia física.

 

RECOLLIDA DE VALES DA AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

Para recoller os vales relativos á axuda para a adquisición de libros e material escolar, podedes acudir ó centro a partir do día 3 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 e preferiblemente dende o día 10 do mesmo mes.

A entrega de libros do fondo solidario faráselle ó alumnado por parte do profesorado titor ó longo do mes de setembro unha vez estea comprobado o estado de tódolos lotes e teñamos tódolos exemplares necesarios .

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Todo o alumnado que solicitou axuda para adquirir libros de texto ou beneficiarse do fondo do centro, foi ADMITIDO.

No tocante ás solicitudes de axuda para adquirir material escolar, hai alumnado EXCLUÍDO por exceder a renda, ó cal lle será comunicado no mes de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut