Skip to Content

TALLERES "HEROES CONTRA O CORONAVIRUS"

O pasado luns tivemos no centro dous talleres sobre o tema do coronavirus para Educación Infantil e 5º e 6º de Educación Primaria.

Estes talleres enmárcanse dentro do proxecto de formación "Pupas, sustos e outros desgustos" que levan a cabo enfermeiros/as de atención primaria da provincia de Ourense.

PAUTAS BÁSICAS DE ORGANIZACIÓN DO CENTRO ELABORADAS EN BASE Á SITUACIÓN SANITARIA ACTUAL

No arquivo adxunto tendes as pautas organizativas que explicamos nas reunións. Se tendes algunha dúbida botádelle un ollo de novo.

Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Ribadavia

Se queredes estudar música, pedídenos información do Conservatorio e da Escola de Música de Ribadavia!

Animádevos!

RECURSOS SOBRE O COVID PARA FAMILIAS E NENOS/AS

 

Videos interesantes recomendados para familias e nenos/as.

Animádevos a botarlle un vistazo!

https://www.paho.org/es/recursos-sobre-covid-19-para-padres-ninos

https://femora.sergas.es/Seguridade/Video-5-EPI

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/188/Lavado_correcto_mans.pdf

REUNIÓN COAS FAMILIAS ANTES DO COMEZO DAS CLASES

O vindeiro mércores día 9 de setembro teremos reunión ás 11:00 horas coas familias de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e ás 12:00 horas coas familias de 3º a 6º de Educación Primaria.

Na primeira parte de cada reunión explicaremos o protocolo a levar a cabo no centro e que se deriva da situación de pandemia actual, e na segunda parte cada grupo de familias reunirase co titor ou titora que lle correponda para especificar asuntos relacionados con cada titoría en si.

Distribuir contido


by Dr. Radut