Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021

Podedes ver o calendario escolar do vindeiro curso no arquivo adxunto.

Os días non lectivos debido a festivos locais ou por elección do centro saberanse a comezo de curso.

PECHADO POR VACACIÓNS!

O centro permanecerá pechado dende o día 6 de xullo ata o día 31 de agosto (incluídos).

Para contactar coa dirección neste periodo podedes facelo enviando un correo electrónico ó enderezo ceip.emilia.pardo.leiro@edu.xunta.gal

Bo verán!

INSTRUCCIÓN 2/2020 DO 16 DE XUÑO SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

Acaba de sair publicada a Instrucción que regula o servizo de comedor escolar no vindeiro curso, condicionada á situación sanitaria que nel se produza.

Os impresos podedes recollelos e deixalos cubertos no centro (mesa da entrada) o luns 22, o venres 26 de xuño ou do 1 ó 8 de setembro en horario de 10:00 a 12:30 horas.

(Información no arquivo adxunto)

 

LISTADO DE LIBROS CURSO 2020/2021

Podedes consultar o listado de libros para o vindeiro curso, os cales cambiaron en 1º, 2º, 3º e 5º de Educación Primaria, no ficheiro adxunto.

CONSERVATORIO DE MÚSICA DE RIBADAVIA

Se vos apetece aprender a tocar algún instrumento ou participar noutras actividades que oferta o Conservatorio de Música de Ribadavia, tendes toda a información no arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut