Matrícula para o curso 2022/2023
NOTAS:
- Cita previa para presentación da documentación (Tfono.: 982 82 81 33).
- Os alumnos que cursan este ano 6º de E. Infantil neste colexio recibirán nos seus domicilios os documentos que deberán cubrir e presentar para comezar os seus estudos de E. Primaria obrigatoria o vindeiro curso.
- O resto do alumnado lembramos que ten permanencia garantida, polo que non terá que realizar solicitude de matrícula.
- Os usuarios de transporte escolar ou comedor escolar terán que cubrir os impresos que se lle facilitarán no centro cando se abra o prazo.
Listaxe definitivo de alumnado admitido
28/04/2022
Están publicadas no taboleiro de anuncios interior do centro as listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas no proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.
Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Listaxe provisional de alumnado admitido
20/04/2022
Están publicadas no taboleiro de anuncios interior do centro as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas no proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.
Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar do centro.
ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2022/2023
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
|
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
Para presentar as solicitudes no centro é necesario pedir cita previa (Tfono. 982 82 81 33). |
|
Calendario do proceso e Normativa | |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »