Samaín 2020
Xa falta moi pouquiño para esta festa tan "terrorífica..." e no cole non queremos deixala pasar así que temos algunha sorpresiña para todxs.
Adxuntamos unha nota informativa para as familias e queremos recordarvos tamén que o venres 30 de outubro as nenas e nenos poden vir caracterizados para a ocasión...só vos pedimos que non sexan disfraces que dean medo en exceso, pensando nos máis peques do cole.
Moitas grazas pola vosa atención.
Saúdos dende o Ceip Eloísa Rivadulla.
INICIO DO CURSO - REUNIÓNS INFORMATIVAS - PROTOCOLO COVID-19
HORARIO PARA COMEZO DE CURSO:
- XOVES, 10 de setembro ☞
- 3º Pri. - ás 8:55
- 2º Pri. - ás 9:30
- 1º Pri. - ás 10:00
- 5º Inf. (4 anos) - 10:30
- 4º Inf. (3 anos) grupo A - de 11:30 a 12:15
- 4º Inf. (3 anos) grupo B - de 12:45 a 13:30
- VENRES, 11 de setembro ☞
- 1º, 2º e 3º de E. Primaria - ás 8:55
- 5º E. Infantil (4 anos) - ás 9:05
- 6º E. Primaria - ás 10:00
- 5º e 4º E. Primaria - ás 10:30
- 6º E. Infantil (5 anos) - ás 11:00
- 4º Inf. (3 anos) grupo C - de 11:30 a 12:15
- 4º Inf. (3 anos) grupo D - de 12:45 a 13:30
A partir do luns, 14 de setembro o horario habitual será:
- de 8:55 a 13:55 ☞ E. Infantil, 1º E. Primaria, 2º E. Primaria e alumnos/as que non usen o servizo de comedor.
- de 8:55 a 14:25 ☞ alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria que usan o servizo de comedor.
REUNIÓNS INFORMATIVAS
Comunícase aos pais/nais/titores legais dos alumnos/as do centro que vanse celebrar reunións para informar das liñas básicas de organización e funcionamento para o novo curso escolar, así como do protocolo específico a seguir. O calendario é:
- MÉRCORES, 9 de setembro:
- EDUCACIÓN INFANTIL:
- 10:00 horas - 4º Educación Infantil.
- 10:30 horas - 5º Educación Infantil.
- 11:00 horas - 6º Educación Infantil.
- EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 12:00 horas - 1º Educación Primaria.
- 12:30 horas - 2º Educación Primaria.
- 13:00 horas - 3º Educación Primaria.
- 13:30 horas - 4º Educación Primaria.
- XOVES, 10 de setembro:
- EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 11:00 horas - 5º Educación Primaria.
- 12:30 horas - 6º Educación Primaria.
O acceso a estas reunións está restrinxido a unha persoa responsable por alumno/a.
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS LIBROS FONDO SOLIDARIO
Comunícase que están publicadas no taboleiro interior de anuncios as listaxes definitivas de solicitudes admitidas para o fondo solidario de libros de texto así como as listaxes de vales concedidos para a adquisición de libros de texto e material escolar. (Tamén se poden consultar na aplicación FONDOLIBROS coa Chave365; pola Lei de protección de datos non se poden publicar no exterior nin na web).
Publicación das listaxes de axudas (libros, material e fondo)
Xa están publicadas no taboleiro interior de anuncios as listaxes provisionais de solicitudes concedidas e excluídas do Fondo Solidario e as listaxes de vales concedidos para a adquisición de libros de texto e material escolar. (Tamén se poden consultar na aplicación FONDOLIBROS coa Chave365; pola Lei de protección de datos non se poden publicar no exterior nin na web).
A partir do luns, día 6 de xullo, e ata o día 15 do mesmo mes os pais/nais dos alumnos/as poderán pasar a recoller os vales das axudas concedidas en horario de 10:30 a 13:30. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.
Os alumnos que cursen 3º ou 4º de E. Primaria no curso 2020/2021 e participen no FONDO SOLIDARIO, despois de consultar as listaxes expostas, deberán pinchar no seguinte enlace para saber os libros que deberán mercar: Enlace
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »