LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022
No seguinte enlace publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán no centro para o vindeiro curso escolar 2021/2022.
Ata que se publiquen as listaxes definitivas de axudas concedidas para libros do fondo (3º, 4º) ou para a adquisición de libros (1º, 2º) non se deben mercar os libros de texto. Todos os alumnos de 4º de Primaria, no curso 2021/2022, disporán de libros do Fondo solidario, aínda que non lle concedan a axuda; polo tanto non deberán mercar máis que os libros que aparecen en celas amarelas na relación.
A partires do 24 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios interior do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto. O 9 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.
A partires do día 24 de xuño e ata o 9 de xullo (de 11:30 a 13:30) poderán recoller os vales no colexio solicitando cita previa no tfno. 982 82 81 33. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.
Os solicitantes con axudas denegadas por erros na documentación, ou os que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe provisional para emendar as deficiencias ou remitir a documentación necesaria.
Os libros de texto do Fondo solidario entregaranse ao alumnado no mes de setembro, no inicio do curso escolar.
MATRÍCULA - CURSO 2021/2022
NOTAS:
- Cita previa para presentación da documentación (Tfono.: 982 82 81 33).
- Os alumnos que cursan este ano 6º de E. Infantil neste colexio recibirán nos seus domicilios os documentos que deberán cubrir e presentar para comezar os seus estudos de E. Primaria obrigatoria o vindeiro curso.
- O resto do alumnado lembramos que ten permanencia garantida, polo que non terá que realizar solicitude de matrícula.
- Os usuarios de transporte escolar ou comedor escolar terán que cubrir os impresos que se lle facilitarán no centro cando se abra o prazo.
AXUDAS
Están convocadas as AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, así como a PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Para presentala presencialmente no centro deberá solicitar cita previa no teléfono 982 828 133 (en horario lectivo). Antes deberase descargar e cubrir este IMPRESO ou solicitalo en conserxería sen necesidade para isto de cita previa.
IMPORTANTE: o alumnado que no curso 2021/2022 curse estudos de 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES no que foi admitido.
LISTAXES DEFINITIVAS - ADMISIÓN 2021/2022
Están publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso 2021/2022
A información contida nestes informes só pode facerse pública:
- Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
Chantada, 18 de maio de 2021.
Admisión do alumnado para o curso 2021/2022
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
|
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
|
|
Calendario do proceso e Normativa | |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »