AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
O alumnado que foi beneficiario do vale para adquirir material escolar por importe de 50 € recibirá un vale adicional de 25 €.
As familias poderán recoller este segundo vale a partir do vindeiro luns, 17 de outubro, previa cita (Tfono. 982 82 81 33).
REUNIÓN PAIS/NAIS ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
O vindeiro luns, día 5 de setembro, celebrarase unha reunión informativa cos pais/nais/titores legais do alumnado de 4º curso de Educación infantil, ás 10:30 horas para tratar asuntos relacionados coa nova escolarización dos seus fillos/as.
LISTAXES DEFINITIVAS - FONDO DE LIBROS
Comunícase que están publicadas no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos nas axudas do Fondo solidario de libros de texto cos libros que se adxudica a cada beneficiario; tamén están publicadas as dos vales para adquisición de libros de texto e material escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2022/2023
Os alumnos que solicitan praza para o SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR deberán cumprimentar os seguintes impresos e presentalos no centro asinados (ata o 7 de xullo, de 10:00 a 13:00; do 1 ao 7 de setembro):
HISTORIAIS ACADÉMICOS
Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden xa para pasar polas oficinas do centro (do 28 de xuño ao 7 de xullo, de 10:00 a 13:00) e recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS. Os que non sexan recollidos nesas datas poderán recollerse a partir do 1 de setembro.
Estes documentos orixinais (antigamente eran os LIBROS DE ESCOLARIDADE) deberanse conservar sempre en propiedade do alumno, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.(Art. 14.3 da ORDE do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »