You are hereArtigos / Educación Física / Artigos
Artigos
Actividades na natureza
Ola a todas e todos!
Estamos a piques de rematar este curso tan peculiar e, dende Educación Física, propóñovos unha última tarefa. Quero ver as vosas actividades físicas na natureza. Calquera exemplo é válido: unha ruta de sendeirismo, unha saída na bici, un baño no mar ou no río...O que queirades, pero sempre que sexa nun espazo natural e vencellado á actividade física!
Enviádeme as vosas achegas ó correo borja.varela.paz@edu.xunta.es
Unha vez recollidas as vosas imaxes, publicarei un vídeo na web do cole a modo de recordo!
E como non, velaquí os meus exemplos:
Correndo polo Monte Comado (Barreiros)
Nunha saída coa bici de montaña no Pico Cornería (Foz)
Un relaxante paseo na Praia de Lóngara (Barreiros)
Nunha saída coa bici de estrada coa Ría de Viveiro ó fondo (O Vicedo)
E finalmente, noutra saída coa bici de estrada pola Serra do Xistral (Abadín)
Coidádevos moito!!!
Orientación na casa
Bo día! Nos próximos días, aproveitando este bo tempo, imos coñecer unha modalidade tan importante como é a orientación.
Para iso, ademais de ter vistos os vídeos da anterior entrada, propóñovos catro pasos:
1. Elaborade un mapa sinxelo da vosa casa, finca, piso ou calquer espazo onde queirades xogar (o mapa que se ve na imaxe está feito a ordenador con moitos detalles, o voso pode estar feito a boli ou lapis nun folio).
2. Establecede unha serie de puntos de control ou balizas a visitar. Podedes, ou ben poñer vós os puntos no mapa e plantexarlle a carreira a outra persoa, ou ben, pedirlle a outra persoa que coloque os puntos nese mapa e facer vós ese percorrido.
3. Empregade algún elemento para confirmar o paso polos puntos de control. Na foto podedes ver unhas "balizas caseiras", pero cun pequeno papel ou pegatina co número do punto de control pode ser suficiente.
4. A pensar e correr! Pedide que vos graven ou saquen fotos mentres realizades o percorrido e subide fotos dos vosos mapas.
ORIENTACIÓN E NATUREZA
É o momento de comezar coa orientación e as actividades ó aire libre.
En primeiro lugar, déixovos un par de enlaces para que vexades o que son as carreiras de orientación, modalidade que vos recomendo probar!
https://www.youtube.com/watch?v=HkeoWFjgIWg&t=151s
https://www.youtube.com/watch?v=FnE-hftGQoU
Ademais, déixovos uns enlaces do Concello de Chantada para que investiguedes e probedes nas vosas saídas.
O primeiro enlace é un rueiro para os que vivides no núcleo urbán:
http://www.concellodechantada.org/rueiro.pdf
Para os que non vivides no núcleo, tedes outros tipos de mapas para que busquedes as vosas parroquias:
http://www.concellodechantada.org/spa/situacion_mapas.htm
Ide probando e familiarizándovos cos mapas. Nos próximos días, subirei un vídeo para amosarvos como facer un mapa da vosa casa ou da vosa finca e poder facer así a nosa propia carreira!
Os máis pequenos seguramente precisedes axuda de algún familiar maior, pero de seguro que se animan a botarvos unha man e practicar eles tamén este deporte.
UNHA DE XOGOS TRADICIONAIS
Bo día,
Ainda que xa me están chegando os vosos xogos alternativos, quería compartir con vós o traballo de xogos tradicionais dun dos vosos compañeiros.
Ademais, tamñen vos quería agradecer a vosa implicación e o esforzo que estades demostrando. Gustariame poñer todos os vídeos pero non é posible. Iso non quere dicir que non os valore. Seguide así, que aínda nos quedan moitas cousas por facer.
Grazas pola vosa colaboración!
Xogos alternativos
Boa tarde a todas e todos!
Velaquí vos deixo os elementos elaborados para practicar os 3 deportes ou xogos misteriosos dos que vos falaba o outro día.
Cos materiais da anterior entrada, puiden fabricar un frisbee, unha indiaca e unha cesta para lacrosse.
Invítovos a que investiguedes sobre estas modalidades, a que elaboredes estes instrumentos e por suposto, a que o compartades comigo a través das canles habituais que estamos a empregar.
Coidádevos moito!
Borja Varela
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »